16 May

O Concello de Carballo recibe a Fernando Romay

O padrino do “3ª DIA do EPQUEBASKET, Fernando Romay asinará no libro de honra do Concello.

Á recepción no concello terá lugar ás 13:45h, de maná domingo (Día das Letras Galegas), na Alcaldía. Una vez rematado este acto, Fernado Romay acercarase de novo -xa a primeira hora da tarde- a compartir cos nenos e nenas que se acheguen ata o Complexo Deportivo Carballo Calero e veñan a disfrutar do “3º DÍA do PEQUEBASKET”.

A continuación indicámosvos o horarioda clausura e máis os asistentes á entrega de medallas (acto que terá lugar no CEIP Bergantiños).

 ACTO DE CLAUSURA  E ASISTENTES

  • Evencio Ferrero, alcalde de Carballo
  • Mariel Padín, vicepresidenta da Deputación Provincial da Coruña
  • Francisco Martín, presidente da Federación Galega de Baloncesto
  • Marcos Trigo, concelleiro de Deportes de Carballo
  • Diego Vázquez, presidente da Escola Basket Xiria

 

DESENVOLVEMENTO DO ACTO

18.30 horas.- Remate actividade e inicio acto de clausura

Os nenos e nenas reuniranse formando equipos nas pistas polideportivos e irán desfilando por diante das autoridades para recoller a medalla conmemorativa. De igual xeito, cada un dos clubs participantes recibirá un agasallo.

19.00 horas.-

Foto de familia con participantes e autoridades e máis peche da xornada.

11 May

Fernando Romay, o padriño do Día do Pequebasket, regresará este 17 de maio a Carballo

Máis de 500 nenos e nenas de 48 equipos participarán na xornada

Carballo, 11 de maio do 2015. O padriño do Día do Pequebasket repetirá este ano. Fernando Romay, que tan boa impresión levou o ano pasado do seu paso por Carballo e que tan bo recordo deixou entre todos, grandes e pequenos, volverá a estar con nós o Día das Letras Galegas para celebrar un encontro lúdico e deportivo que xa é un referente máis alá de Galicia. A presenza de Fernando Romay, un dos grandes xogadores da historia do baloncesto español, confirma a proxección que ten a actividade organizada pola Escola Basket Xiria e supón un novo pulo para o club, que fai un gran esforzo de organización.

Arbitraxes, recepción de visitantes, reparto dos 600 bocadillos que se prepararán ese día… Dende a Escola Basket Xiria queremos agradecer o traballo desinteresado das 100 persoas, na súa maioría xogadores e nais/pais, que constitúen o voluntariado do club e que poñen todo da súa parte para que todo saia ben.

No 3º Día do Pequebasket participarán finalmente 48 equipos pertencentes a 26 clubs, o que supón que a xornada reunirá en Carballo a 502 nenos e nenas de 5 a 8 anos de idade. Ademais de facer deporte, os participantes poderán xogar nas atraccións inchables, descubrir xogos tradicionais, circular en karts adaptados ás súas idades e gozar coa actuación de Os Quinquilláns, que animará a hora da comida cun espectáculo moi participativo.

E xunto a todo iso destaca a participación de Fernando Romay, ex xogador do Real Madrid e da Selección Española de Baloncesto, cuxa presenza vén a avalar as numerosas xestións realizadas pola Escola de Basket Xiria, Federación Galega e Federación Española de Baloncesto, que contan coa colaboración do Concello de Carballo, Deputación Provincial da Coruña, La Caixa e varios patrocinadores, así coma con 25 establecementos colaboradores (hostalería loca), para a organización dunha xornada lúdica na que imperarán o espírito deportivo e a alegría.

GALERIA FOTOS Edición 2014

30 Abr

PRESENTACION 3º DIA do PEQUEBASKET

Esta tarde lugar a presentación do Día do Pequebasket na Biblioteca Rego da Balsa de Carballo ás 19h. Un evento de ámbito autonómico que, como xa é costume, celebrarase o 17 de maio e que reunirá a 500 nenas e nenos galegos de 5 a 8 anos. 
Neste acto de presentación, que será aberto a todo o público, ademáis de gozar dun espectáculo para todos os públicos, daremos a coñecer os detalles da xornada, número de equipos, àrticpantes e actividades deste evento lúdico-deportivo que fará o vindeiro día 17 de Maio (día das Letras Galegas) a Carballo, centro do baloncesto base de Galicia
 
 
PRESENTACIÓN DO DÍA DO PEQUEBASKET
Día: 30 de abril
Hora: 19.00 horas
Lugar: Biblioteca Municipal Rego da Balsa
Intervirán:
Diego Vázquez Reino, presidente da Escola Basket Xiria.
Francisco Martín Micó, presidente da Federación Galega de Baloncesto.
Mariel Padín Fernández, vicepresidenta da Deputación da Coruña.
Evencio Ferrero Rodríguez, alcalde de Carballo.

 

Ademáis do resto de autoridades e directivos federativos, coma os Concelleiros de Deporte, Marcos Trigo; de Promoción Turística, Xose Regueira; o Vice-presidente da Federación José Manuel  Villamarín e os carballeses Ricardo Mendez (Tesoureiro da Fegaba) e Francisco Guillamet (Coordinador Arbitral da Fegaba).

Ao remate do acto, aberto a todo o público, actuará a compañía Elefante Elegante co contacontos “O aviador”, ao que convidamos a todas as nenas e nenos de Carballo e comarca.

Contamos coa vosa asistencia!!!

invitacion presentacion Dia Pequebasket

15 Abr

Xa son 21 os equipos inscritos para o Día do Pequebasket

O prazo rematará o vindeiro día 29 de abril

Carballo, 15 de abril do 2015.  A día de hoxe xa hai 21 equipos inscritos para o Día do Pequebasket, o que indica que este ano poderíamos bater un novo récord. A Escola Basket Xiria espera reunir o vindeiro 17 de maio en Carballo a máis de 500 nenas e nenos de 5 a 8 anos de idade, que gozarán xunto ás súas familias dunha xornada de deporte, cultura, xogos e diversión. Ao mesmo tempo que seguen a chegar solicitudes de participación, o equipo organizador do Día do Pequebasket avanza na programación dos distintos apartados da actividade, que ten un marcado carácter familiar e que supón, ao mesmo tempo, unha homenaxe do baloncesto carballés ao Día das Letras Galegas.

O prazo de inscrición rematará o día 29, e as solicitudes poden tramitarse a través da páxina do evento:  www.diapequebasket.es . Nesta terceira edición non descartamos a posibilidade de contar con equipos de fóra da comunidade autónoma e incluso procedentes do Norte de Portugal, dado que o Día do Pequebasket de Carballo empeza a ser unha cita de referencia máis alá de Galicia.

A Escola Basket Xiria agradece a implicación do Concello de Carballo, a Deputación Provincial da Coruña e a Federación Galega de Baloncesto, así coma de todos os patrocinadores e colaboradores que tan boa acollida están dispensando ao Día do Pequebasket.

diptico A4_dia pequebasket_exterior

06 Abr

Aberto o prazo de inscrición para o 3º Día do Pequebasket

A festa anual que organiza a Escola Basket Xiria para nenos e nenas de 5 a 8 anos podería contar por primeira vez con equipos de fóra da comunidade galega.

Carballo, 6 de abril do 2015.  A Escola Basket Xiria espera reunir o vindeiro 17 de maio en Carballo a máis de 500 nenos e, en consecuencia, a máis de 500 familias que compartirán con nós unha xornada de deporte, cultura, xogos e diversión que será posible grazas á implicación de institucións como o Concello de Carballo, a Deputación Provincial da Coruña e a Federación Galega de Baloncesto, e á colaboración de numerosas empresas e entidades ás que queremos agradecer publicamente o seu esforzo.

Onte día 6 abriu o prazo de inscrición, aínda que xa son numerosos os clubs que se interesaron pola iniciativa.O equipo organizador do 3º Día do Pequebasket leva varias semanas traballando na programación da xornada lúdica, festiva e deportiva que se celebrará o Día das Letras Galegas, que xa está considerada xa como un evento de referencia autonómica e que mesmo está sendo imitado en outros lugares de dentro e fóra de Galicia.

Precisamente, dado o éxito e a repercusión que tivo o 2º Día do Pequebasket, nesta terceira edición barállase a posibilidade de contar con equipos de fóra da comunidade autónoma e incluso procedentes do Norte de Portugal.

A inscrición formalizarase a través da Federación Galega de Baloncesto, pódese descargar na web  www.diapequebasket.es  e unha vez cuberta a ficha de inscrición, deberase de enviar ao correo da FEGABA  galicia2018@fegaba.es , ata o mércores 29 de Abril.

Preme para acceder á Ficha de INSCRIPCIÓN.

19 Mar

A Federación Galega de Baloncesto volve a implicarse este ano no Día do Pequebasket de Carballo

A festa anual que organiza a Escola Basket Xiria para nenos e nenas de 5 a 8 anos podería contar por primeira vez con equipos de fóra da comunidade galega

Presentado o cartel anunciador da terceira edición, cun deseño moi colorista de inspiración circense e que inclúe algúns dos símbolos da vila de Carballo

Estade atentos ás novas da web do Pequebasket www.diapequebasket.es

CARTEL-DIADOPEQUEBASKET

Carballo, 18 de marzo do 2015.  O equipo organizador do 3º Día do Pequebasket está metido de cheo na programación da xornada lúdica, festiva e deportiva que se celebrará o vindeiro 17 de maio, coincidindo co Día das Letras Galegas. Arturo Ferraces, director deportivo da Escola Basket Xiria, e Marcos Díaz Molk, membro da xunta directiva, mantiveron unha reunión na Federación Galega de Baloncesto que resultou moi frutífera. Na xuntanza, na que participaron o presidente da Fegaba, Francisco Martín; a secretaria xeral, Susana Fernández, e as responsables de eventos e prensa, a Federación expresou o seu total apoio á iniciativa, considerada xa como un evento de referencia autonómica que mesmo está sendo imitado en outros lugares de dentro e fóra de Galicia.

Precisamente, dado o éxito e a repercusión que tivo o 2º Día do Pequebasket, nesta terceira edición barállase a posibilidade de contar con equipos de fóra da comunidade autónoma e incluso procedentes do Norte de Portugal. Polo momento, a Fegaba está completamente implicada e decidida a colaborar coa Escola Basket Xiria para impulsar a actividade, que novamente reunirá en Carballo a centos de nenos de 5 a 8 anos para desfrutar dunha xornada multideportiva, lúdica e festiva co baloncesto como pano de fondo.

Por outra banda, xa está na rúa o cartel do 3º Día do Pequebasket, cun deseño totalmente diferente ao das edicións anteriores. Nesta ocasión optouse por un cartel moi colorista e de inspiración circense e festiva, na que se utilizan elementos presentes en todos os parques de atraccións como soporte e ao que se incorporan, como parte da paisaxe, elementos singulares da arquitectura carballesa, coma a casa do Concello, e mesmo do skyline, coma o depósito de auga.

Aquí podes ver o vídeo da edición do ano pasado

 

MÁIS INFO EN:

ESCOLA BASKET XIRIA

Pav. IES Isidro Parga Pondal

Rúa Muíño da Pintura, nº 4

CARBALLO (A Coruña)

M. 607 847 925  |  F. 981 75 85 54

info@diapequebasket.es

www.diapequebasket.es

#30anosbasketxiria

20 May

Éxito do “2º DIA do PEQUEBASKET”

O Día do Pequebasket converteu Carballo no punto de encontro de centos de familias galegas.

Fernando Romay exerceu como padriño do evento e repartiu simpatía entre nenos e maiores.

O “2º Día do Pequebasket” foi un éxito en todos os sentidos. Mesmo o tempo se aliou, cun día espectacular de sol e boas temperaturas, para que o evento organizado pola Escola de Basket Xiria en Carballo acadase os obxectivos previstos, tanto en canto a equipos participantes, un total de 42 procedentes de toda Galicia, como a afluencia de público, que superou amplamente as 1.500 persoas. Deste xeito, o evento consolídase como punto de encontro das familias galegas nunha data tan simbólica como o Día das Letras. Como lembrou o padriño do Día do Pequebasket, o ex xogador Fernando Romay, “o deporte tamén forma parte da nosa cultura”.

A presenza de Romay revolucionou Carballo. Chegou pouco despois do mediodía acompañado por membros da xunta directiva da Escola de Basket Xiria e foi recibido polo alcalde, Evencio Ferrero, na Casa do Concello. Despois dunha animada charla, na que o ex xogador confirmou á súa sona de persoa próxima a simpática, realizou unha visita polo centro da vila acompañado tamén polo presidente da Escola de Basket Xiria, Diego Vázquez. Á súa chegada ao complexo deportivo e escolar da rúa Carballo Calero, pola que pasaron milleiros de persoas ao longo do día, Fernando Romay foi recibido como a gran figura do deporte que é, ata o punto de que tardou 20 minutos en conseguir cruzar a porta que o separaban das pistas de xogo interiores. Fotografías, autógrafos e cariñosos saúdos tivérono entretido durante ese breve traxecto.

A actividade foi intensa durante todo o día. Nas sete pistas habilitadas _5 interiores e 2 exteriores_ o baloncesto foi o protagonista, pero co mesmo ambiente de festa e de confraternización que reinou nas atraccións inchables, nos asombrosos xogos populares construídos con materiais reciclados e nos coches a pedais, nos que chegaron a formarse colas. Todas as actividades complementarias da xornada, incluído o concerto do grupo musical Pirilampo, que amenizou a hora do xantar, estiveron moi concorridas durante todo o día, tanto polos nenos dos equipos participantes como por todos os que se achegaron dende diferentes puntos de Bergantiños. O obxectivo de converter o Día do Pequebasket nun punto de referencia a nivel comarcal tamén se acadou nesta segunda edición.

Os clubes participantes destacaron a boa organización da xornada e, sobre todo, o ben que o pasaron os nenos, que gozaron da parte máis lúdica do deporte e tiveron a ocasión de compartir xogos, conversas e comida ao aire libre con “futuras estrelas do baloncesto”, como as definiu Fernando Romay, chegadas das catro provincias galegas. O padriño do Día do Pequebasket foi o encargado de pechar o acto tras a entrega de medallas aos preto de 500 nenos participantes e de recordos conmemorativos a todos os equipos. Con el estiveron o alcalde de Carballo, Evencio Ferrero, e outros membros da corporación municipal; representantes dos concellos de Santa Comba e A Laracha, así coma da Deputación Provincial da Coruña; o presidente e o tesoureiro da Federación Galega de Baloncesto, Francisco Martín e Ricardo Méndez; representantes do mundo do deporte e o presidente da Escola de Basket Xiria, que agasallou ao convidado de honra cunha equipación do clube feita á medida dun dos grandes da historia do baloncesto español.

Fernando Romay agradeceu o xesto, igual que agradeceu a implicación de institucións, entidades e empresas para facer posible un evento que xa é un referente no calendario deportivo galego e que pretende selo tamén a nivel estatal.

15 May

SABADO 17, 2ºDIA do PEQUEBASKET

Este sábado 17 de Maio (Día das Letras Galegas), carballo vestirase coas súas mellores galas para acoller aos 42 equipos e preto de 500 participantes no “2º DIA do PEQUEBASKET”, que contara coa presencia de Fernando Romay.

A celebración do DIA do PEQUEBASKET, que reunirá en Carballo a preto de 500 nenos de 5 a 8 anos procedentes de toda Galicia, inundará as instalaciós do Pavillón Carballo Calero e CEIP Bergantiños, para a celebración dun evento único en Galicia. Fernando Romay, chegará pola mañá e será recibido polo alcalde, Evencio Ferrero e logo trasladarase as instalacións do DIA do PEQUEBASKET para comenzar a súa participación.

O venres pola mañá comenzará a instalación da insfraestructura necesaria para o evento, que moverá a 40 voluntarios que xunto coa organización  fará que os equipos visitantes, pasen a xornada o mellor posible. O equipo organizador e técnicos municipais, xa concretaron os detalles relativos a tráfico, infraestruturas e servizos, xa que o 17 de maio espérase recibir en Carballo a máis de mil persoas para gozar dunha xornada de deporte, xogos, ocio e diversión, con máis de 100 partidos en xogo.

CALENDARIO e HORARIOS (preme para descarga)

Contaremos con 7 canchas de baloncesto, inchables, coches a pedais, xogos populares contruidos con material reciclado, concerto infantil antes do xantar, talleres de globoflexia e moitas horas de diversión!

Para os visitantes, temos preparada información precisa sobre donde comer, picar, xantar, etc… da hostalería local que colobora co DIA do PEQUEBASKET, poderás comprobalo no DIPTICO INFO HOSTALERIA (preme para descarga).

VEN e PARTICIPA!

09 May

Entrevista a Fernado Romay, que apadriñará o “2º DIA do PEQUEBASKET”

Este pasado xoves, Radio Voz Bergantiños entrevistou a Fernando Romay, co motivo da súa asistencia o vindeiro 17 maio ao “2º DIA do PEQUEBASKET”.

No seguinte enlace, poderedes accder a escoitar a entrevista que lle fixo a emisora carballesa: http://www.ivoox.com/fernando-romay-el-pequebasket-va-a-ser-una-audios-mp3_rf_3096863_1.HTML

Continúan os preparativos para o Día do Pequebasket, que reunirá en Carballo a preto de 500 nenos de toda Galicia, a actividade na Escola de Basket Xiria é frenética nestes días ante o próximo remate da tempada e ante a celebración do Día do Pequebasket. Hoxe mesmo celebrouse no Concello de Carballo unha reunión entre o equipo organizador e técnicos municipais para concretar os detalles relativos a tráfico, infraestruturas e servizos, xa que o 17 de maio espérase recibir en Carballo a máis de mil persoas para gozar dunha xornada de deporte, xogos, ocio e diversión.

©dende 2012 - 17 Maio - DÍA do PEQUEBASKET by Escola Basket Xiria