Xa son varios os clubes que confirmaron a súa asistencia, antes da propia apertura formal do prazo da inscrición, polo que a Escola Basket Xiria espera cubrir os mesmos participantes que nas últimas edicións.
Carballo, 6 de abril do 2016. Onte abriuse o prazo de inscrición para a sexta edición do DIA DO PEQUEBASKET. A Escola Basket Xiria espera reunir o vindeiro 17 de maio en Carballo a máis de 600 nenas e nenos de 5 a 8 anos de idade, que gozarán xunto ás súas familias dunha xornada de deporte, cultura, xogos e diversión. Ao mesmo tempo que seguen a chegar solicitudes de información de novos clubes que nunca participaron, o equipo organizador do DIA DO PEQUEBASKET avanza na programación dos distintos apartados da actividade, que ten un marcado carácter familiar e que supón, ao mesmo tempo, unha homenaxe do baloncesto carballés ao Día das Letras Galegas.
O prazo de inscrición rematará o día 4 de Maio e as solicitudes tramítanse a través da FEDERACION GALEGA DE BALONCESTO, no enderezo electrónico: galicia2018@fegaba.com e a solicitude de inscrición (enlace: https://www.diapequebasket.es/wp-content/uploads/inscricion-+-info-DIA-PEQUEBASKET_2018_form.pdf , ao igual que toda a información dispoñible sobre o evento está páxina web: www.diapequebasket.es
Nesta sexta edición, que supón todo un grande esforzo a nivel organizativo e un novo reto, haberá novidades respecto ás actividades lúdicas, nas que estamos a traballar para a diversión dos participantes e de todo o público en xeral que desexa pasar un dia distinto con nós.
A Escola Basket Xiria agradece a implicación do Concello de Carballo e Carballo Deporte, da Deputación Provincial da Coruña e a Federación Galega de Baloncesto, así coma de todos os patrocinadores do Club e dos colaboradores pola boa acollida que dispensan ao DIA DO PEQUEBASKET.
Escola Basket Xiria
#6ºDiaPequebasket