14 Abr

Abrese o prazo de inscrición para o “VIIº DÍA do PEQUEBASKET”

Carballo, 14 de abril do 2019.  Mañá abrese o prazo de inscrición para a sexta edición do DIA DO PEQUEBASKET. A Escola Basket Xiria espera reunir o vindeiro 17 de maio en Carballo a máis de 700 nenas e nenos de 5 a 8 anos de idade, que gozarán xunto ás súas familias dunha xornada de deporte, cultura, xogos e diversión. Ao mesmo tempo que seguen a chegar solicitudes de información de novos clubes que nunca participaron, o equipo organizador do VII DIA DO PEQUEBASKET avanza na programación dos distintos apartados da actividade, que ten un marcado carácter familiar e que supón, ao mesmo tempo, unha homenaxe do baloncesto carballés ao Día das Letras Galegas.

O prazo de inscrición rematará o día 5 de Maio e as solicitudes tramítanse a través da FEDERACION GALEGA DE BALONCESTO, no enderezo electrónico: galicia2018@fegaba.com  e a solicitude de inscrición (enlace: https://www.diapequebasket.es/wp-content/uploads/inscricion-info-DIA-PEQUEBASKET_2019_FORM.pdf , ao igual que toda a información dispoñible sobre o evento está páxina web:  www.diapequebasket.es

©dende 2012 - 17 Maio - DÍA do PEQUEBASKET by Escola Basket Xiria