24 de Abril de 2022.
Estimad@s amig@s:
Un anos máis nestas datos, comezamos os preparativos e vós facermos chegar as primeiras informacións para a INSCRICIÓN do gran evento lúdico – deportivo que celebramos en Carballo, o “8º DIA DO PEQUEBASKET”. Que como xa recordaredes de outras edicións, chegamos a xuntar máis de 700 participantes de entre 5 e 8 anos de idade e 64 equipos (6º Dia do Pequebasket-ano 2018), cuns 3.500 asistentes … 51 equipos en 2019, 57 no 2017, 62 no 2016, cunha media de 3.000 persoas.
Ano a ano a responsabilidade do Club crece, pero iso non fai máis que reforzar o noso compromiso cunha actividade na que cremos firmemente e que como demostran os datos do anos pasados. Exemplo son as chamadas nestas semana pasada de diversos clubs para preguntar si organizabamos o evento neste 2022 e informarse da inscrición, A RESPOSTA é SI. Este compromiso da Escola de Basket Xiria vaise materializar nas actividades que se desenvolverán o vindeiro 17 de Maio, coincidindo coa celebración do Día das Letras Galegas.
Nesta edición de 2022, logo destes dous anos de pandemia, vémonos na obriga de reducir e limitar o número de equipos , moi ao noso pesar… xa que os axustes orzamentarios son necesarios, pero MANTEREMOS O EVENTO COMA OUTROS ANOS. O que temos claro e levaremos a cabo nesta edición do “8º DIA DO PEQUEBASKET”, é que non se perda unha gota da súa esencia e sexa a mesma xornada de xogo e diversión, pensada para os nenos e nenas de 5 a 8 anos de idade e aberta a todos os clubs de Galicia, comas noutras edición convencidos de que pagará a pena a vosa participación.
O vindeiro 17 de maio esperamos contar con vos en Carballo para compartir unha xornada de deporte, cultura, xogos e diversión… que será posible grazas á ao Concello de Carballo, á colaboración da Federación Galega de Baloncesto, así como o apoio de numerosas empresas privadas e socios do Club, que apostan por este proxecto. Queremos pois agradecerlles o seu esforzo e aposta por este evento que organizamos.
Agardamos que formalicedes a vosa inscrición dende o 25 de Abril e ata o 6 de Maio. Nos vindeiros días remitiremos máis información das actividades e do evento, así como os cartel e díptico informativo coas situacións de locais de hostalaría e dos aparcamentos.