Novo éxito do #DiaPequebasket no que volveron a gozar case 500 participantes.

O DIA do PEQUEBASKET volveu con forza e unha vez máis, a pesares da climatoloxía adversa, os case 500 participantes pasaron una inesquecible xornada lúdico-deportiva e marcharon cun #PanGalego baixo o brazo.

En horario de 10:30 a 17:30 horas o Pavillón Carballo Calero e zonas exteriores do CEIP Bergantiños en Carballo, converteuse nun “fervedoiro” de neas e nenos de 5 a 8 anos . A animación propia desta xornada que cada ano e coincidindo co Día dás Letras Galegas, supón unha perfecta mestura de promoción do deporte, a cultura, a diversión e a convivencia. A choiva, sobre todo en horario matinal, condicionou o programa e obrigou a concentralas actividades no interior, o que non impediu o éxito organizativo.

 

Só deslucida pola choiva, a xornada discorreu á perfección coa participación de preto de 500 paticipantes, que unidos os centos de familiares, que non perderon a ocasión de ver aos seus pequenos —en moitos casos— disputar os seus primeiros partidos, tamén puideron desfrutar da hostalería carballess. Anotáronse preto de 40 clubs de zonas como Lugo, Noia, Burela, As Pontes, Santiago ou Coruña e por Carballo pasáronse de visita os xogadores de LEB Oro do Basket Coruña e a súa mascota “Leymita”. Moi satisfeito polo resultado, a Escola Basket Xiria congratúlase de ser, nun día como o 17 de maio, «a capital galega do Pequebasket».

 

Había de volver celebrar un Día do Pequebasket tras dous anos de parón, ademais de incidir no carácter familiar da xornada, con presenza de numeros pais e tamén de moitos avós. Dende a Escola Basket Xiria queremos agradecer o apoio dos sponsors, empresas colboradoras e institucións, entre elas o Concello de Carballo (Carballo Deporte e Turismo Carballo), da Deputación da Coruña e da Consellería do Medio Rural (a través a través de la IXP Pan Galego), que obsequiou cun pan a todos os participantes, así como o gran traballo do medio centenar de persoas que conformaban a organización.