A VIª Edición do Pequebasket en Carballo xa ten Cartel Oficial

O vindeiro 17 de Maio de 2018, terá lugar unha nova edición do Día Autonómico do Pequebasket en Carballo, a festa anual que organiza a Escola Basket Xiria para nenos e nenas de 5 a 8 anos, que conta xa co cartel oficial desta sexta edición. 

Carballo, 17 de Abril de 2018. O Cartel oficial quere representar a importancia destacada dos nenos e nenas nesta xornada, así como facer un guiño ó día das letras Galegas, co Taboleiro de Baloncesto coa bandeira de Galicia. Tamén se fai referencia á vila de Carballo a través das follas de Carballo que flotan polo cartel.

Escola Basket Xiria espera reunir o vindeiro 17 de maio en Carballo a preto de 600 nenos/as e, en consecuencia, a 600 familias que compartirán con nós unha xornada de deporte, cultura, xogos e diversión que será posible grazas á implicación de institucións como o Concello de Carballo, a Deputación Provincial da Coruña e a Federación Galega de Baloncesto, e á colaboración de numerosas empresas e entidades ás que queremos agradecer publicamente o seu esforzo.

prazo de inscrición xa está aberto dende fai días, e xa confirmaron a súa asistencia máis de 20 equipos.

O equipo organizador do 6º Día do Pequebasket leva varias semanas traballando na programación da xornada lúdica, festiva e deportiva que se celebrará o Día das Letras Galegas e xa pronto pechará as actividades lúdicas e de lecer.

Precisamente dado o éxito e a repercusión que tivo o 5º Día do Pequebasket, que xa está considerada xa como un evento de referencia autonómica, este ano aumentouse o límite a 60 equipos, para intentar batir todos os records de asistencia ata o momento.

Cartel_VI_Dia_Pequebasket_2018

O prazo de inscrición rematará o día 4 de Maio e as solicitudes tramítanse a través da FEDERACION GALEGA DE BALONCESTO, no enderezo electrónico: galicia2018@fegaba.com  e a solicitude de inscrición (enlace: https://www.diapequebasket.es/wp-content/uploads/inscricion-+-info-DIA-PEQUEBASKET_2018_form.pdf , ao igual que toda a información dispoñible sobre o evento está páxina web:  www.diapequebasket.es

 Escola Basket Xiria

#6ºDiaPequebasket