Archivos por etiqueta: carballo

14 Abr

O vindeiro venres día 15 de Abril ábrese o prazo de inscrición para o “4º Día do Pequebasket “.

Xa son varios equipos os que confirmaron a súa asistencia, antes da propia apertura formal do prazo da inscrición, polo que a Escola Basket Xiria, conta superar os inscritos da terceira edición.

Carballo, 14 de abril do 2016.  O venres día 15 de Abril, ábrese o prazo de inscrición para a cuarta edición do DIA DO PEQUEBASKET. A Escola Basket Xiria espera reunir o vindeiro 17 de maio en Carballo a máis de 600 nenas e nenos de 5 a 8 anos de idade, que gozarán xunto ás súas familias dunha xornada de deporte, cultura, xogos e diversión. Ao mesmo tempo que seguen a chegar solicitudes de participación, o equipo organizador do DIA DO PEQUEBASKET avanza na programación dos distintos apartados da actividade, que ten un marcado carácter familiar e que supón, ao mesmo tempo, unha homenaxe do baloncesto carballés ao Día das Letras Galegas.

O prazo de inscrición rematará o día 6 de Maio e as solicitudes tramítanse a través da FEDERACION GALEGA DE BALONCESTO, no enderezo electrónico: galicia2018@fegaba.com  e a solicitude de inscrición (enlace: https://www.diapequebasket.es/wp-content/uploads/Inscricion-+-Info-D%C3%ADa-do-Pequebasket_2016.pdf) , ao igual que toda a información dispoñible sobre o evento está páxina web:  www.diapequebasket.es

Inscricion DIA PEQUEBASKET 2016

Nesta cuarta edición, que supón todo un grande esforzo a nivel organizativo e un novo reto, haberá novidades respecto ás actividades lúdicas, nas que estamos a traballar para a diversión dos participantes e de todo o público en xeral que desexa pasar un dia distinto con nós.

A Escola Basket Xiria agradece a implicación do Concello de Carballo, a Deputación Provincial da Coruña e a Federación Galega de Baloncesto, así coma de todos os patrocinadores do Club e dos colaboradores pola boa acollida que dispensan ao DIA DO PEQUEBASKET.

ESCOLA BASKET XIRIA

16 Mar

A Federación Galega de Baloncesto apoia o Pequebasket na súa Cuarta Edición

A dous meses da celebración da cuarta edición do Pequebasket, a Escola Basket Xiria comeza a preparación da actividade a pleno rendimento, orientada para nenos e nenas de 5 a 8 anos de toda Galicia.

Un ano máis, o Pequebasket celebrarase o día 17 de Maio, coincidindo co Día das Letras Galegas, día festivo en toda a comunidade.

O equipo organizador do 3º Día do Pequebasket está metido de cheo na programación da xornada lúdica, festiva e deportiva que se celebrará o vindeiro 17 de maio, coincidindo co Día das Letras Galegas. Diego Vázquez Reino -presidente da entidade- , Arturo Ferraces – director deportivo da Escola Basket Xiria- e Marcos Díaz Molk -membro da xunta directiva-, mantiveron unha reunión na Federación Galega de Baloncesto que resultou moi frutífera. Na xuntanza, na que participaron o presidente da Fegaba, Francisco Martín; a secretaria xeral, Susana Fernández, e as responsables de eventos e prensa, a Federación expresou o seu total apoio á iniciativa, considerada xa como un evento de referencia autonómica que mesmo está sendo imitado en outros lugares de dentro e fóra de Galicia.

carballo basket xiria en federacion gallega baloncesto

A Fegaba está completamente implicada e decidida a colaborar coa Escola Basket Xiria para impulsar a actividade, que novamente reunirá en Carballo a máis de cincocentos nenos de 5 a 8 anos para desfrutar dunha xornada multideportiva, lúdica e festiva co baloncesto como pano de fondo.

Aquí podes ver os vídeos da edición do ano pasado

En próximos días darase a conocer o cartel anunciador da cuarta edición

Estade atentos ás novas da web do Pequebasket www.diapequebasket.es

MÁIS INFO EN:

ESCOLA BASKET XIRIA

Pav. IES Isidro Parga Pondal

Rúa Muíño da Pintura, nº 4

CARBALLO (A Coruña)

M. 607 847 925 | F. 981 75 85 54

info@diapequebasket.es

www.diapequebasket.es

#30anosbasketxiria

©dende 2012 - 17 Maio - DÍA do PEQUEBASKET by Escola Basket Xiria