A Federación Galega de Baloncesto apoia o Pequebasket na súa Cuarta Edición

A dous meses da celebración da cuarta edición do Pequebasket, a Escola Basket Xiria comeza a preparación da actividade a pleno rendimento, orientada para nenos e nenas de 5 a 8 anos de toda Galicia.

Un ano máis, o Pequebasket celebrarase o día 17 de Maio, coincidindo co Día das Letras Galegas, día festivo en toda a comunidade.

O equipo organizador do 3º Día do Pequebasket está metido de cheo na programación da xornada lúdica, festiva e deportiva que se celebrará o vindeiro 17 de maio, coincidindo co Día das Letras Galegas. Diego Vázquez Reino -presidente da entidade- , Arturo Ferraces – director deportivo da Escola Basket Xiria- e Marcos Díaz Molk -membro da xunta directiva-, mantiveron unha reunión na Federación Galega de Baloncesto que resultou moi frutífera. Na xuntanza, na que participaron o presidente da Fegaba, Francisco Martín; a secretaria xeral, Susana Fernández, e as responsables de eventos e prensa, a Federación expresou o seu total apoio á iniciativa, considerada xa como un evento de referencia autonómica que mesmo está sendo imitado en outros lugares de dentro e fóra de Galicia.

carballo basket xiria en federacion gallega baloncesto

A Fegaba está completamente implicada e decidida a colaborar coa Escola Basket Xiria para impulsar a actividade, que novamente reunirá en Carballo a máis de cincocentos nenos de 5 a 8 anos para desfrutar dunha xornada multideportiva, lúdica e festiva co baloncesto como pano de fondo.

Aquí podes ver os vídeos da edición do ano pasado

En próximos días darase a conocer o cartel anunciador da cuarta edición

Estade atentos ás novas da web do Pequebasket www.diapequebasket.es

MÁIS INFO EN:

ESCOLA BASKET XIRIA

Pav. IES Isidro Parga Pondal

Rúa Muíño da Pintura, nº 4

CARBALLO (A Coruña)

M. 607 847 925 | F. 981 75 85 54

info@diapequebasket.es

www.diapequebasket.es

#30anosbasketxiria