24 Abr

Xa son 34 os equipos inscritos para o 4ºDía do Pequebasket

Aínda que o prazo abriuse o pasado día 15, en tan só unha semana, xa son 34 os equipos inscritos, dun total de 49 que este ano limita a organización. O prazo seguirá aberto ata o vindeiro día 6 de Maio.

Carballo, 22 de abril do 2016. A día de hoxe xa hai 34 equipos inscritos para o 4ºDía do Pequebasket, o que indica que este ano voltaremos a bater un novo récord e chegar aos 49 equipos inscritos. A Escola Basket Xiria espera reunir o vindeiro 17 de maio en Carballo a preto de 600 nenas e nenos de 5 a 8 anos de idade, que gozarán xunto ás súas familias dunha xornada de deporte, cultura, xogos e diversión. Ao mesmo tempo que seguen a chegar solicitudes de participación, o equipo organizador do Día do Pequebasket avanza na programación dos distintos apartados da actividade, que ten un marcado carácter familiar e que supón, ao mesmo tempo, unha homenaxe do baloncesto carballés ao Día das Letras Galegas.

 

O prazo de inscrición rematará o día 6 de Maio e as solicitudes poden tramitarse a través da Federación Galega de Baloncesto (galicia2018@fegaba.com), tendo toda a información na web: www.diapequebasket.es

Tamén a nivel turística e hostelería, os participantes poden solicitar dita información a través da web de turismo do Concello de Carballo (www.turismocarballo.com) e na propia oficina turística, no teléfono: 981 702 077 e correo electrónico: museo@carballo.org .

O vindeiro xoves día 6 de Maio, cando remate do prazo de inscrición, farase a Presentación Oficial do 4º Dia do Pequebasket, nun coñecido e antigo local asociativo de Carballo, que desvelaremos na vindeira semana… Contaremos coa presenza das Autoridades Locais e Provinciais (deputación da Coruña) e máis da Federación Galega de Baloncesto, este día darase a coñecer os pormenores e novas actividades do 4º Dia do Pequebasket.

ESCOLA BASKET XIRIA
Pav. IES Isidro Parga Pondal
Rúa Muíño da Pintura, nº 4
CARBALLO (A Coruña)
M. 607 847 925 | F. 981 75 85 54
info@diapequebasket.es
www.diapequebasket.es
#4Dia Pequebasket

©dende 2012 - 17 Maio - DÍA do PEQUEBASKET by Escola Basket Xiria