Basket Xiria e o Concello de Carballo presentan a vindeira edición para o Día do Pequebasket 2024, no seu 10º Aniversario.
Carballo, 13 de maio do 2024 |
Hoxe luns día 13 ás 12:30h no Concello de Carballo, presentarase o EVENTO e CARTEL do 10ª DIA do PEQUEBASKET, que volverá traer a Carballo a máis de 400 participantes, nenos e nenas de entre 5 a 8 anos de idade, que se desprazarán dende distintas vilas e cidades de Galicia para participar neste torneo lúdico-deportivo que organiza a Escola Basket Xiria.
Neste 10º Aniversario contarase cun novo apoio, a Deputación da Coruña, a través da sección de Turismo, dará visibilidade a súa campaña gastronómica “A provincia que sabe”, polo que o vindeiro 17 de maio Carballo volverá a ser a capital do PEQUEBASKET, xuntaremos decenas de equipos de BALONCESTO iniciación, como colofón ó fin dunha tempada deportiva, que para moitos/as cativo/as, é a súa primeira toma de contacto con este deporte.
Xa pechada a inscrición, fai uns días, daremos datos da participación –limitada en canto ó número de equipos– e das actividades que complementarán o 10ª DIA do PEQUEBASKET, no 61ª DÍA das LETRAS GALEGAS, dedicado a escritora Luisa Villalta, nunha festa onde se xuntará a cultura e o deporte, coma homenaxe do baloncesto carballés nesta data sinalada para Galicia.
Contaremos coa presencia do alcalde Evencio Ferrero, acompañado polo concelleiro de Deportes Daniel Pérez, o Vice-presidente da Deputación da Coruña e responsable de Turismo, Xosé Regueira e por parte da organización estarán Arturo Ferraces e Primitivo X. Reguera.
Dende a Escola Basket Xiria, facilítamos os seguintes contactos para darvos información e consultar detalles sobre a celebración do evento:
- 607 847 925 (Arturo Ferraces)
- 607 847 924 (Whatsapp Basket Xiria)
- diapequebasket.es
- diapequebasket.es/galeria/
Foto da PRESENTACION, co alcalde Evencio Ferrero, o concelleiro Daniel López e por parte de Basket Xiria, Primitivo X. Reguera e Arturo Ferraces.