O 10º DIA do PEQUEBASKET, a pesares da climatoloxía adversa, volve a ser unha xornada lúdica-deportiva inesquecible para os 418 participantes que viñeron dende toda Galicia.
Comezou a mañá con choiva e as 9:30h empezaba a chegar os participantes máis madrugadores….rematando a xornada sobre ás 18:30h cunha tarde escura, pero sen choiva. O que fixo que a zona do Pavillón Carballo Calero e zonas exteriores do CEIP Bergantiños en Carballo, converteuse nun “fervedoiro” de nenas e nenos de 5 a 8 anos . A animación propia desta xornada que cada ano e coincidindo co Día dás Letras Galegas, supón unha perfecta mestura de promoción do deporte, a cultura, a diversión e a convivencia. A choiva, sobre todo en horario matinal, condicionou o programa e obrigou a concentralas actividades no interior, o que non impediu o éxito organizativo.
A xornada discorreu á perfección, coordinada por Arturo Ferraces –Director Deportivo de Basket Xiria– e coa axuda dos adestradores do Club, xogadorxs de categorías infantil e cadete, coa colaboración de 30 nais e pais coma voluntarios, para que os 418 participantes que viñeron a Carballo, para gozar dunha xornada deportiva e lúdica, no 61ª Día das Letras Galegas -que se dedicou a Luisa Villalta- e que fixo que máis de 2.000 persoas pasasen por Carballo para presenciar este evento que chega a súa décima edición.
Como titulaba a prensa escrita: “Carballo, capital galega do baloncesto base” –Diario de Bergantiños-. A Escola Basket Xiria volveu a ter un éxito rotundo nesta nova edición que xa se consolida coma un referente a nivel galego e unha data marcada, como ineludible, no “calendario” de moitos clubs do país. Estes novos xogadorxs de basquet, que unidos a centos de familiares, que non perderon a ocasión de ver aos seus pequenos disputar os seus primeiros partidos, tamén puideron visitar a hostalería carballesa, xa que ao inscribirse 36 equipos, que viñeron de distintos puntos das provincias de Lugo, Ourense e da Coruña, encheron a zona dos locais da zona e do centro de Carballo.
Dende a Escola Basket Xiria queremos agradecer o apoio das institucións: Concello de Carballo (Carballo Deporte), da Deputación da Coruña (sección de Turismo) coa marca turística: “A provincia que sabe” e doutras pequenas colaboracións de patrocinadores e da hostalería carballesa.