Ábrese a inscrición para o 10º Aniversario do DIA PEQUEBASKET 2024

Abrese o prazo de inscrición para o DIA DO PEQUEBASKET 2024 –  10º Aniversario.  Desde a Escola Basket Xiria esperamos reunir o vindeiro  10º Aniversario venres 17 de maio en Carballo a máis de 500 nenas e nenos de 5 a 8 anos de idade, que gozarán xunto ás súas familias dunha xornada de deporte, cultura, xogos e diversión.

 

Ao mesmo tempo que seguen a chegar solicitudes de información de novos clubes que nunca participaron, o equipo organizador do 10ª DIA DO PEQUEBASKET avanza na programación dos distintos apartados da actividade, que ten un marcado carácter familiar e que supón, ao mesmo tempo, unha homenaxe do baloncesto carballés ao Día das Letras Galegas.

 

O prazo de inscrición rematará o MARTES día 30 de ABRIL e as solicitudes tramítaranse directamente dende o seguinte enlace: bit.ly/InscricionDIAdoPEQUEBASKET2024

 

Dende a organización, Escola Basket Xiria, facilítanse os seguintes contactos para información e dúbidas: