Posta de longo oficial para o “Día do Pequebasquet”

Concello de Carballo, Deputación da Coruña e Federación Galega de Baloncesto cualifican o Día do Pequebasket como un referente a nivel galego. Representantes das tres entidades avalan o traballo da Escola de Basket Xiria.

O “2º Día do Pequebasket” conta con todo o apoio do Concello de Carballo, a Deputación Provincial da Coruña e a Federación Galega de Baloncesto, tal como manifestaron os representantes desas tres institucións no acto de presentación da segunda edición, celebrado a mañá do sábado na casa consistorial carballesa.“Carballo está no punto de mira para toda Galicia”, declarou a vicepresidenta da Deputación, Mariel Padín; en tanto que o vicepresidente da FGB, José Manuel Villamarín; cualificouno como “un torneo único en Galicia” e o concelleiro de Turismo de Carballo, Xosé Regueira, definiuno como unha das iniciativas que “saben converter Carballo nun referente a nivel galego”.

Xunto con Mariel Padín, José Manuel Villamarín e Xosé Regueira, na presentación do 2º Día do Pequebasket participaron o concelleiro de Deportes de Carballo, Marcos Trigo; o alcalde, Evencio Ferrero; o presidente da Escola de Basket Xiria, Diego Vázquez, e o director deportivo, Arturo Ferraces, quen avanzou que a estas alturas xa se superou o número de equipos inscritos do ano pasado. Ferraces fixo explícito, ademais, o convite da entidade deportiva “a todos os carballeses” para que participen na xornada lúdica e deportiva do vindeiro 17 de maio. De feito, aínda que o baloncesto será “unha parte importante” do evento, non será a “fundamental”. Ao longo de todo o Día das Letras Galegas haberá xogos populares, inchables, un circuíto de karts a pedais e diversas actuacións abertas a todos os nenos que queiran gozar dun día inesquecible.

Entre as distintas actividades previstas para o 17 de maio destaca a presenza do ex xogador Fernando Romay, que será “un valor engadido”.

O presidente da Escola de Basket Xiria, Diego Vázquez Reino, destacou que o Día do Pequebasket foi unha “iniciativa pioneira” que se está a imitar noutras comunidades autónomas, destacou o traballo dos seus compañeiros do comité organizador e expresou o “orgullo” da entidade polo feito que de forme parte do programa Galicia 2014. Imos pola Copa”. Nese sentido agradeceu o compromiso da Federación Galega de Baloncesto, ao igual que das dúas institucións patrocinadoras.

Xosé Regueira asegurou que Carballo necesita “eventos coma este” para reforzarse como marca turística. “É o turismo que buscamos: sano e familiar” , declarou o concelleiro. Na mesma liña, o seu compañeiro Marcos Trigo, Concelleiro de Deportes, manifestou que o Día do Pequebasket “trascende o deportivo” e demostra unha gran capacidade organizativa por parte da Escola de Basket Xiria.

Xosé Regueira asegurou que Carballo necesita “eventos coma este” para reforzarse como marca turística. “É o turismo que buscamos: sano e familiar” , declarou o concelleiro. Na mesma liña, o seu compañeiro Marcos Trigo, Concelleiro de Deportes, manifestou que o Día do Pequebasket “trascende o deportivo” e demostra unha gran capacidade organizativa por parte da Escola de Basket Xiria.

Pola súa banda, o alcalde de Carballo, Evencio Ferrero, amosouse convencido do éxito da iniciativa e lembrou que o deporte implica tamén sacrificio, tanto “organizativo” coma “familiar”, polo que a programación deste tipo de eventos ten un mérito especial.

Durante o acto de presentación deuse a coñecer a nova imaxe do Día do Pequebasket, que inclúe un novo logotipo deseñado por Alberte Sánchez, unha web realizada por Don Clic e un vídeo promocional que asina outra empresa carballesa, VisualK Vídeo. O animado vídeo, pensado especialmente para os nenos aos que vai dirixida a iniciativa, de 5 a 8 anos de idade, provocou os aplausos de todos os presentes xa no remate da xuntanza.

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *