Un ano máis contamos co concurdo que patrocina o GRUPO DIMOLK: «O Berro do teu Club»
Se es un dos 42 clubs que participa mañá, 17 de maio, na IX edición do Día do Pequebasket, ESTÁS DE SORTE! xa que podes gañar 100 euros en material deportivo para o teu equipo grazas ao concurso que, outro ano máis, organiza GRUPO DIMOLK.
Este ano, na súa rede social #TikTok : @GRUPODIMOLK
COMO PARTICIPAR?
- Durante a xornada do Pequebasket os clubs que queiran participar no concurso terán que gravar un #vídeo con ‘o seu berro de guerra’ co distintivo do Grupo Dimolk (Altofalante).
- Este vídeo ten que ser en formato VERTICAL, a súa duración non pode superar os 15 SEGUNDOS.
- O vídeo terá que ser enviado á organización do concurso (602 25 30 90) antes de que termine o día do evento (17 de maio) acompañado por, moi importante, NOME DO CLUB + un teléfono de contacto operativo en WhatsApp para poder pasar a ligazón do vídeo unha vez colgado en TikTok.
- A organización do concurso subirá todos os vídeos á súa rede social de TikTok o 18 de maio pola mañá, en igualdade de condicións e cos mesmos hashtags: #concurso #pequebasket #oberrotodeuclub #baloncesto #carballo #grupodimolk
COMO GAÑAR?
- O concurso terminará o domingo 28 de maio ás 23.59 e gañarán os 3 clubs que máis visualizacións consigan do seu vídeo.
- Tips para conseguir visualizacións:
– Comparte o teu vídeo moito!!
– Tamén comenta o teu vídeo!!
– E por suposto, dálle moito like!!
PREMIO:
100 EUROS EN MATERIAL DEPORTIVO PARA OS 3 PRIMEIROS POSTOS.