O vindeiro día 15 de Abril ábrese o prazo de inscrición e a festa anual que organiza a Escola Basket Xiria para nenos e nenas de 5 a 8 anos, que conta xa co cartel oficial desta cuarta edición.
Carballo, 1 de abril do 2016. A Escola Basket Xiria espera reunir o vindeiro 17 de maio en Carballo a preto de 600 nenos/as e, en consecuencia, a 600 familias que compartirán con nós unha xornada de deporte, cultura, xogos e diversión que será posible grazas á implicación de institucións como o Concello de Carballo, a Deputación Provincial da Coruña e a Federación Galega de Baloncesto, e á colaboración de numerosas empresas e entidades ás que queremos agradecer publicamente o seu esforzo.
O vindeiro 15 de abril abrirase o prazo de inscrición, aínda que xa son numerosos os clubs que se interesaron pola iniciativa e de feito confirmaron a súa presenza antes da apertura oficial do prazo de inscrición. O equipo organizador do 4º Día do Pequebasket leva varias semanas traballando na programación da xornada lúdica, festiva e deportiva que se celebrará o Día das Letras Galegas e xa pronto pechará as actividades lúdicas e de lecer.
Precisamente dado o éxito e a repercusión que tivo o 3º Día do Pequebasket, que xa está considerada xa como un evento de referencia autonómica, este ano aumentouse o límite a 49 equipos, dado que para un evento dun só día, non sería posible celebralo con máis equipos.
A inscrición formalizarase a través da Federación Galega de Baloncesto, pódese descargar na web www.diapequebasket.es e unha vez cuberta a ficha de inscrición, deberase de enviar ao correo da FEGABA galicia2018@fegaba.es , ata o venres 6 de Maio.
Atentamente
ESCOLA BASKET XIRIA
Pav. IES Isidro Parga Pondal
Rúa Muíño da Pintura, nº 4
CARBALLO (A Coruña)
M. 607 847 925 | F. 981 75 85 54
#4DiaPequebasket