O padrino do “3ª DIA do EPQUEBASKET, Fernando Romay asinará no libro de honra do Concello.
Á recepción no concello terá lugar ás 13:45h, de maná domingo (Día das Letras Galegas), na Alcaldía. Una vez rematado este acto, Fernado Romay acercarase de novo -xa a primeira hora da tarde- a compartir cos nenos e nenas que se acheguen ata o Complexo Deportivo Carballo Calero e veñan a disfrutar do “3º DÍA do PEQUEBASKET”.
A continuación indicámosvos o horarioda clausura e máis os asistentes á entrega de medallas (acto que terá lugar no CEIP Bergantiños).
ACTO DE CLAUSURA E ASISTENTES
- Evencio Ferrero, alcalde de Carballo
- Mariel Padín, vicepresidenta da Deputación Provincial da Coruña
- Francisco Martín, presidente da Federación Galega de Baloncesto
- Marcos Trigo, concelleiro de Deportes de Carballo
- Diego Vázquez, presidente da Escola Basket Xiria
DESENVOLVEMENTO DO ACTO
18.30 horas.- Remate actividade e inicio acto de clausura
Os nenos e nenas reuniranse formando equipos nas pistas polideportivos e irán desfilando por diante das autoridades para recoller a medalla conmemorativa. De igual xeito, cada un dos clubs participantes recibirá un agasallo.
19.00 horas.-
Foto de familia con participantes e autoridades e máis peche da xornada.