Presentación Oficial do 11ª DIA do PEQUEBASKET

O acto de presentación do evento e cartel do DIA do PEQUEBASKET 2025, tivo lugar no Museo de Bergantiños, coa presencia do Alcalde de Carballo, Evencio Ferrero e de Roberto García, Xefe de Servizo Provincial da Secretaria Xeral para o Deporte.

 

Carballo, 13 de maio do 2024

 

Na presentación que se levou a cabo no patio interior da antiga “carcere de Carballo”, hoxe reconvertida no Museo de Bergantiños, estiveron por parte do Concello de Carballo, o seu alcalde Evencio Ferrero; o Concelleiro de Deportes, Daniel Pérez; por parte da Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia, estivo presente Roberto Garcíaa, Xefe de Servicio Provincial, e finalmente representando á Escola Basket Xiria, Arturo Ferraces, Director Deportivo do Club e o seu Presidente, Primitivo X. Reguera.

 

As cifras do 11ª DIA do PEQUEBASKET

  • PARTICIPANTES 475
  • EQUIPOS 44
  • CLUBS 25

 

Dende Basket Xiria o seu presidente, Primitivo X. Reguera agradeceu á Concellería de Deportes e ó Concello de Carballo a súa implicación nun proxecto único en Galicia, que leva o nome do Club e da nosa vila por toda Galicia, traspasando fronteiras e sendo un referente en gran parte do estado. Tamén agradeceu á Xunta de Galicia a súa implicación, este ano a través da Secretaria Xeral para o Deporte, esperando poder continuar no futuro esta colaboración nun evento de deporte base para nenas e nenos de 5 a 8 anos, que sempre se mantivo fiel á data do 17 de maio, Día das Letras Galegas.

 

Xa Arturo Ferraces destacou a bos previsión meteorolóxica (tras varios anos de choiva) e o carácter familiar do evento, que une a preto de 500 participantes coas súas familias, para vir todos xuntos a Carballo no DIA do PEQUEBASKET. Tamén destacou que este evento tras once edicións, é un referente, que incluso pode presumir que algúns do seus participantes, coma xogadores, hoxe en dia volve sendo adestradores dos seus equipos.

 

 

Roberto García, en nome da Secretaría Xeral para o Deporte, agradeceu a invitación e o volver ó Concello de Carballo, do que destacou a colaboración no deporte que sempre manteñen ambas institucións. Salientou o carácter e idade dos participantes no DIA do PEQUEBASKET, facendo fincapé que coincide cos do programa Xogade, eixo central das inversión da Xunta de Galicia en materia deportiva. Felicitou a toda a “familia” de Basket Xiria, nais/pais, xogadores, adestradores e directiva, polo esforzo e implicación na organización deste evento do deporte base Galego, por e para os mais cativos.

 

Xa para pechar o acto, o Alcalde Evencio Ferrero, destacou que o DIA do PEQUEBASKET xunta nun mesmo acto: ocio, deporte, cultura e turismo, unha unión que fai único este evento e marca a diferencia de outros. Destacou o  gran traballo de Basket Xiria, para atraer o sábado 17  de maio, a Carballo preto de 500 deportistas, que virán a xogar ó Baloncesto, facer deporte e desfrutar dun día inesquecible. Tirando de anécdotas comentou que unha vez, unha persoa lle preguntou: porqué Carballo é capaz de organizar este tipo de eventos?. Respondéndolle: temos entidades como Basket Xiria, unha estrutura a logo hai que colaborar con estas actividades dende o Concello de Carballo.

 

 

 

+INFO:

607 847 925 – Arturo Ferraces.

diapequebasket.es

 

 

PRENSA Basket Xiria

DIA do PEQUEBASKET