Mais de 450 participantes virán a Carballo o 17 de maio para participar do Día do Pequebasket.

Rematado o prazo o pasado venres 2 de maio, 42 equipos figuran inscritos no 11º DIA do PEQUEBASKET, para participar nuns dos eventos lúdico-deportivos de base referentes en Galicia.

 

Carballo, 4 de maio do 2025

 

A organización do 11º Día do Pequebasket, pechou a inscrición con 42 equipos e mais de 450 participantes polo que un ha vez máis as expectativas da Escola Basket Xiria, vense superadas ao cubrir a totalidade da inscrición.

 

Isto lévanos a unha previsión de visitantes sobre unas 2000 persoas, que se trasladen para ver os seus fillos e fillas iniciándose na práctica do BA LON CES TO, e aproveitando para visitar no Día das Letras Galegas o Concello de Carballo. Con este evento onde unimos deporte, cultura e turismo, este incremento de visitantes nun día festivo ten unha gran importancia para os negocios e a hostalería local, que sempre colaboran coa organización.

 

Pendentes de concretar a data exacta da Presentación do evento, que con case toda seguridade será na mesma semana do 17 de maio, onde daremos máis datos sobre os equipos, clubs, participantes e patrocinadores que nos acompañarán neste 11º Día do Pequebasket en Carballo.

 

 

ESCOLA BASKET XIRIA
info@diapequebasket.es
www.diapequebasket.es
#DiaPequebasket2025
#11DiaPequebasket