Ábrese o prazo para a inscrición do 9º DIA do PEQUEBASKET 2023

Abrese o prazo de inscrición para a NOVENA edición do DIA DO PEQUEBASKET.Escola Basket Xiria espera reunir o vindeiro 17 de maio en Carballo a máis de 500 nenas e nenos de 5 a 8 anos de idade, que gozarán xunto ás súas familias dunha xornada de deporte, cultura, xogos e diversión.

 

Ao mesmo tempo que seguen a chegar solicitudes de información de novos clubes que nunca participaron, o equipo organizador do 9ª DIA DO PEQUEBASKET avanza na programación dos distintos apartados da actividade, que ten un marcado carácter familiar e que supón, ao mesmo tempo, unha homenaxe do baloncesto carballés ao Día das Letras Galegas.

 

O prazo de inscrición rematará o MARTES día 2 de Maio e as solicitudes tramítaranse directamente dende o seguinte enlace: bit.ly/InscricionDIAPEQUEBASKET2023

 

Dende a organización, Escola Basket Xiria, facilítanse os seguintes contactos para información e dúbidas, e tamén podedes resolver calquera aclaración contactando cos Federación Galega de Baloncesto, no seguinte correo electrónico: eventos @fegaba.com