Presentación da 12ª edición do DIA do PEQUEBASKET

A Escola Basket Xiria presenta en Carballo o 12º Día do Pequebasket no Museo de Bergantiños.

 

Mañá mércores 13 día ás 13:15h, presentarase o EVENTO e CARTEL OFICIAL do 12ª DIA do PEQUEBASKET , que volverá traer a Carballo a case 500 participantes, nenos e nenas de entre 5 a 8 anos de idade, que se desprazarán dende distintas vilas e cidades de Galicia para participar neste torneo lúdico-deportivo que organiza a Escola Basket Xiria.

O  vindeiro 17 de maio Carballo volverá a ser a capital do PEQUEBASKET, xuntaremos decenas de equipos de BALONCESTO iniciación, como colofón ó fin dunha tempada deportiva, que para moitos/as cativo/as, é a súa primeira toma de contacto con este deporte.

Xa pechada a inscrición, daremos datos da participación a das actividades que complementarán o 12ª DIA do PEQUEBASKET, no 63ª DÍA das LETRAS GALEGAS, dedicado a Begoña Caamaño, nunha festa onde se xuntará a cultura e o deporte, coma homenaxe do baloncesto carballés nesta data tan sinalada para os galegos e novamente o Evento contará co apoio da Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia.

Contaremos coa presencia do alcalde Daniel López, acompañado polo concelleiro de Deportes Daniel Barreiro, o presidente da Federación Galega de Baloncesto, Julio Bernárdez e por parte da organización estarán Arturo Ferraces e Primitivo X. Reguera.