Presentación cartel do 12ª DIA do PEQUEBASKET

O acto de presentación do evento e cartel do DIA do PEQUEBASKET 2026, tivo lugar no Museo de Bergantiños, coa presencia do Alcalde de Carballo, Daniel Pérez e o Presidente da Federación Galega de Baloncesto.

 

Carballo, 13 de maio do 2026

 

Este mediodía tivo lugar no MUSEO de BERGANTIÑOS, antiga “carcere de Carballo”, a presentació do Evento e Cartel Oficial do 12º DIA do PEQUEBASKET, na que estiveron presentes por parte do Concello de Carballo, o seu Alcalde Daniel Pérez; o Concelleiro de Deportes, Daniel BarreiroJulio Bernárdez e José Manuel Villamaín, presidente e directivo da Federación Galega de Baloncesto e representando á Escola Basket Xiria, Arturo Ferraces, Director Deportivo do Club e o seu Presidente, Primitivo X. Reguera. Desculparon ausencia a Secretaría Xeral para o Deporte, por motivos de axenda, que un ano máis colabora con este evento lúdico deportivo único en Galicia.

As cifras do 12ª DIA do PEQUEBASKET

  • PARTICIPANTES 483
  • EQUIPOS 42
  • CLUBS 28

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Dende Basket Xiria o seu presidente, Primitivo X. Reguera agradeceu á Concellería de Deportes e ó Concello de Carballo a súa implicación nun proxecto único en Galicia, que leva o nome do Club e da nosa vila por toda Galicia, traspasando fronteiras e sendo un referente en gran parte do estado. Tamén agradeceu á Xunta de Galicia a súa implicación, este ano a través da Secretaria Xeral para o Deporte, esperando poder continuar no futuro esta colaboración nun evento de deporte base para nenas e nenos de 5 a 8 anos, que sempre se mantivo fiel á data do 17 de maio, Día das Letras Galegas. Finalmente á Federación Galega de Baloncesto, polo apoio na realización do evento, xa que dende os seus inicos forma parte do Calendario de Actividades do propio ente federativo.

Julio Bernárdez , presidente da Federación Galega de Baloncesto, destacou que cando se creo esta actividade, xa fai 14 anos, nin siquera existia a competición Babubasket, polo que Basket Xiria, fou precursora a nivel galego e incluso estatal de facer un evento lúdico.deportivo para nenas e nenos de 5 a 8 naos de idade.

Finalmente o Alcalde de Carballo, Daniel Pérez, suliñou a importanci dste eventos que poñen a Carballo no “mapa Galego” do deporte base, áo mesmo tempomque deulle os parabéns pola tempada historica do Calvo Basket Xiria. Agradeceu a implicación da directiva do Club, adestradores e colaboradores para que o DIA do PEQUEBASKET e Carballo, sexan unha vez máis a “Capital de BALONCESTO BASE” nesas idades de niciación, onde habré moitos nenso/as que veñan cogar o seu primeiro partidos á nosa Vila.

INFO HORARIOS e CALENDARIO

  1. info@diapequebasket.es
  2. www.diapequebasket.es