Este pasado xoves, Radio Voz Bergantiños entrevistou a Fernando Romay, co motivo da súa asistencia o vindeiro 17 maio ao “2º DIA do PEQUEBASKET”.
No seguinte enlace, poderedes accder a escoitar a entrevista que lle fixo a emisora carballesa: http://www.ivoox.com/fernando-romay-el-pequebasket-va-a-ser-una-audios-mp3_rf_3096863_1.HTML
Continúan os preparativos para o Día do Pequebasket, que reunirá en Carballo a preto de 500 nenos de toda Galicia, a actividade na Escola de Basket Xiria é frenética nestes días ante o próximo remate da tempada e ante a celebración do Día do Pequebasket. Hoxe mesmo celebrouse no Concello de Carballo unha reunión entre o equipo organizador e técnicos municipais para concretar os detalles relativos a tráfico, infraestruturas e servizos, xa que o 17 de maio espérase recibir en Carballo a máis de mil persoas para gozar dunha xornada de deporte, xogos, ocio e diversión.