Archivos por etiqueta: basquet

30 Abr

Xa temos CARTEL do VIIº Día do Pequebasket de Carballo.

O vindeiro 17 de Maio de 2019, terá lugar o VII do Día do Pequebasket en Carballo, a festa anual que organiza a Escola Basket Xiria para nenos e nenas de 5 a 8 anos, que conta xa co cartel oficial desta edición. 

Carballo, 30 de Abril de 2019. O Cartel oficial quere representar a importancia destacada dos nenos e nenas nesta xornada, así como facer un guiño ó día das letras Galegas, co Taboleiro de Baloncesto coa bandeira de Galicia. Tamén se fai referencia á vila de Carballo a través das follas de Carballo que flotan polo cartel.

Escola Basket Xiria espera reunir o vindeiro 17 de maio en Carballo a máis de 600 nenos/as e, en consecuencia, a 600 familias que compartirán con nós unha xornada de deporte, cultura, xogos e diversión que será posible grazas á implicación de institucións como o Concello de Carballo e a Federación Galega de Baloncesto, e á colaboración de numerosas empresas e entidades ás que queremos agradecer publicamente o seu esforzo.

prazo de inscrición xa está aberto dende fai días, e xa confirmaron a súa asistencia preto de 30 equipos. Amosamos para ver e descargar o CARTEL OFICIAL do VII Día do Pequebasket

A organizador do 7º Día do Pequebasket leva varias semanas traballando na programación da xornada lúdica, festiva e deportiva que se celebrará o Día das Letras Galegas e xa pronto pechará as actividades lúdicas e de lecer.

O prazo de inscrición rematará o día 5 de Maio e as solicitudes tramítanse a través da FEDERACION GALEGA DE BALONCESTO, no enderezo electrónico: galicia2018@fegaba.com  e a solicitude de inscrición (enlace: https://www.diapequebasket.es/wp-content/uploads/inscricion-info-DIA-PEQUEBASKET_2019_FORM.pdf, ao igual que toda a información dispoñible sobre o evento está páxina web:  www.diapequebasket.es

©dende 2012 - 17 Maio - DÍA do PEQUEBASKET by Escola Basket Xiria