A Escola Basket Xiria e o Concello de Carballo presentan o 9º Día do Pequebasket na Biblioteca Rego da Balsa.
Mañá venres día 5 ás 18:30h, presentarase o EVENTO e CARTEL do 9ª DIA do PEQUEBASKET , que volverá traer a Carballo a case 500 participantes, nenos e nenas de entre 5 a 8 anos de idade, que se desprazarán dende distintas vilas e cidades de Galicia para participar neste torneo lúdico-deportivo que organiza a Escola Basket Xiria.
O vindeiro 17 de maio Carballo volverá a ser a capital do PEQUEBASKET, xuntaremos decenas de equipos de BALONCESTO iniciación, como colofón ó fin dunha tempada deportiva, que para moitos/as cativo/as, é a súa primeira toma de contacto con este deporte.
Xa pechada a inscrición, daremos datos da participación a das actividades que complementarán o 9ª DIA do PEQUEBASKET, no 60ª DÍA das LETRAS GALEGAS, dedicado a D. Francisco Fernández del Riego, nunha festa onde se xuntará a cultura e o deporte, coma homenaxe do baloncesto carballés nesta data tan sinalada para os galegos.
Contaremos coa presencia do alcalde Evencio Ferrero, acompañado polo concelleiro de Deportes Marcos Trigo, o presidente da Federación Galega de Baloncesto, Julio Bernárdez e por parte da organización estarán Arturo Ferraces e Primitivo X. Reguera.
Dende a Escola Basket Xiria, facilítamos os seguintes contactos para darvos información e consultar detalles sobre a celebración do evento:
- 607 847 925 (Arturo Ferraces)
- 607 847 924 (Whatsapp Basket Xiria)
- diapequebasket.es
- www.diapequebasket.es/galeria/
Contaremos coa ACTUACION de MeRe Clown (Moc Moc Espectáculos y Animación) co espectáculo: A verdadeira historia de Hamelín.