Máis de 700 nenos e nenas de entre 5 e 8 anos participarán o martes 17 de maio no IV Día do Pequebasket, unha cita que invadirá Carballo con 60 equipos das categorías de base e que bate, segundo explicou o Presidente da Escola Basket Xiria Diego Vázquez, “todos os récords” sendo un evento “de referencia autonómica e en pouco tempo, esperemos que o sexa nacional”, tamén confirmou a presenza de Fernando Romay.
Carballo, 6 de Maio de 2016. O xoves levouse a cabo a presentación oficial do “IV Dia do Pequebasket”, no casino de Carballo.
Oito (8) canchas de peque e minibasket, un total de 110 partidos en formato 4×4, inchables, coches e a pedais e moitos xogos son só algunhas das actividades que terán lugar nesta cita que ten como principal obxectivo que os nenos e nenas o pasen ben e desfruten dun día inesquecible.
Así o explicou Francisco Martín Mico, Presidente da Federación Galega de Baloncesto, que expresou a súa “maior alegría porque se forme aos nenos e nenas nos valores do deporte”. Aproveitou para transmitirlle os seus parabéns aos campións galegos, os cadetes de “Carballo a un Paso” Basket Xiria, “competindo con equipos de Coruña, Santiago ou Vigo”. Aproveitou tamén para confirmar a presenza de Fernando Romay, que coma en anos anteriores, non quere perder esta nova cita en Carballo, donde está a crear un gran vínculo deportivo coma padriño do “DIA DO PEQUEBASKET”.
CARTA PARABENS A CADETE MASCULINO – FEDERACION GALEGA DE BALONCESTO
Orgullo do deporte carballés.
O Deputado de Deportes da Diputación da Coruña, Xosé García Liñares, tamén resaltou que “sen tesón e sen esforzo non hai nada”. Pechou a quenda de intervencións o Alcalde de Carballo, Evencio Ferrero, que estivo presente na cita xunto co Concelleiro de Deporte, Marcos Trigo, e o de Promoción Económica e Turismo Xosé Regueira. Ferrero aproveitou para reiterar os seus parabéns para os cadetes de Carballo. “A estas alturas da evolución dunha entidade como Basket Xiria temos que dicir que Carballo é deporte”. Por iso, Ferrero quixo agradecer “o traballo de todos e todas, a ilusión e o empuxe, porque todos nos sentimos orgullosos de ser carballeses ao ver que os nosos equipos trunfan”. Rematou desexándolle moito éxito ao IV Día do Pequebasket.
AS FOTOGRAFÍAS DO EVENTO NO CASINO
Para rematar a presentación, proxectouse un vídeo (PREME NO ENLACE) resumo do III Día do Pequebasket celebrado en 2015 que podedes ver aquí. Vémonos o día 17 con moito baloncesto!