O Pequebasket 2017 comeza a andar

A Directiva da Escola Basket Xiria e os colaboradores do Club, comezaron a traballar dende fai varias semanas para dar forma a unha nova edición do DIA AUTONÓMICO DO PEQUEBASKET, que unha vez máis celebrarase en Carballo o vindeiro 17 de Maio de 2017 -día da Letras Galegas- dedicadas a Carlos Casares.

A Xunta Directiva encabezada polo seu presidente, Marcos Díaz Molk e acompañado polo Director Deportivo, Arturo Ferraces, mantiveron o pasado Luns (12.02.2017) unha xuntanza na Federación Galega de Baloncesto, na que participaron o presidente da FEGABA, Francisco Martín Micó; a secretaria xeral, Susana Fernández Fiúza e a responsable de eventos, Cristina Piñeiro.

O presidente da EBX, Marcos Díaz Molk, có presidente da FEGABA, Francisco Martín e Arturo Ferraces , Director deportivo EBX.

Dende o ente autonómico animaron á ESCOLA BASKET XIRIA a seguir traballando a prol do Baloncesto Base na comarca e volveron a expresar o seu apoio incondicional á iniciativa, considerada xa como un evento de referencia autonómica que mesmo está sendo imitado en outros lugares de dentro e fóra de Galicia.

A FEGABA está completamente implicada e decidida a colaborar un ano máis coa Escola Basket Xiria para impulsar o evento, que novamente reunirá en Carballo a máis de seiscentos nenos de 5 a 8 anos para desfrutar dunha xornada multideportiva, lúdica e festiva co baloncesto como pano de fondo.

Hai que salientar o respecto que dende a Federación Galega de Baloncesto, creouse por primeira vez una competición federada, Liga BabyBasket, que acolle a estes nenos en idades de 5 a 8 anos e que esta a ter un gran éxito e seguimento en distintos puntos de Galicia. Dende a Escola Basket Xiria, pretendemos que o DIA DO PEQUEBASKET, sexa o colofón final para estes nenos e nenas que por primeira vez pisan una cancha de básquet e viven una experiencia inesquecible.

IMAXES FEGABA, Liga BabyBasket: http://www.fegaba.com/galerias/category/108-babybasket-2016-2017

 pequebasket-xiria-fegaba