O DIA AUTONÓMICO do PEQUEBASKET, entre as actividades da Copa do Mundo de Baloncesto 2014.

copa-btn

Hoxe xoves a directiva da Escola Basket Xiria, co noso presidente á cabeza, asistiron a presentación das actividades que se levarán a cabo en Galicia para á promoción da Copa do Mundo 2014 de Basquet.

Durante a presentación levada a cabo polo xornalista Terio Carrera, indicouse que o “2ª DIA AUTONOMICO do PEQUEBASKET”, formará parte das actividade da Copa do Mundo 2014. Neste acto organizado pola Federación Galega de Baloncesto, dentro do Proxecto “GALICIA 2014. Imos pola Copa”, estiveron entre outas personalidades o presidente da Federación Española de Baloncesto, o ex-arbitro internacional Vicente Sanchís e os ex-xogadores Jorge Garbajosa e Fernando Romay. Os cales transmitiron aos representantes da Escola Basket Xiria os seus parabéns pola organizacion do PEQUEBASKET e animáronnos a seguir traballando a favor dos equipos de base e a canteira.