Novo éxito no 11º DÍA do PEQUEBASKET con case 500 participantes.

O 11º DIA do PEQUEBASKET volve a ser un éxito de participantes e organización, convertendo a Carballo na Capital do Baloncesto de iniciación, con 475 participantes e 44 equipos vidos de toda Galicia.

 

Este ano comezou o 17 de maio cun día soleado, que presaxiaba unha xornada de calor o e no 11 Día Do Pequebasket. Xa dende antes das 10h, comezaban a chegar os participantes máis madrugadores….rematando a xornada sobre ás 18:30h cunha tarde despexada e  de cor azul, coma o cartel desta edición. ToDo isto fixo que a zona do Pavillón Carballo Calero e zonas exteriores do CEIP Bergantiños en Carballo, converteuse nun “fervedoiro” de nenas e nenos de 5 a 8 anos . A animación propia desta xornada que cada ano e coincidindo co Día dás Letras Galegas, supón unha perfecta mestura do deporte de base, a cultura, promoción turística, unido a unha xornada chea de diversión e convivencia. A puntualidade no comezo do evento e as súas actividades, xa que logo de once edicións, procurase sempre cumprir o programa horario, fixo de novo  o DIA do PEQUEBASKET, organizado pola ESCOLA BASKET XIRA un éxito organizativo.

 

A xornada discorreu á perfección, coordinada por Arturo Ferraces –Director Deportivo de Basket Xiria– e coa axuda dos adestradores e xogadores dos equipos base de Basket Xiria, axudados en outras labores por nais e país do Club do Club, xogadorxs de categorías infantil e cadete, coa colaboración de 30 nais e pais coma voluntarios, para  que os 418 participantes que viñeron a Carballo, para gozar dunha xornada deportiva e lúdica, no 63ª Día das Letras Galegas -que se dedicou ás Cantareirase que fixo que máis de 2.000 persoas pasasen por Carballo para presenciar este evento que chega a súa undécima edición.

 

Como titulaba a prensa escrita: “Exito na edición no Día do Pequebasket”, ou “O Pequebasket é xa unha referencia”, o que demostras que a Escola Basket Xiria volveu a colleitar un rotundo éxito organizativo, nunha nova edición que xa se consolida coma un referente a nivel galego e unha data marcada como ineludible, no “calendario” de moitos clubs do país. Estes novos xogadorxs de basquet, que unidos a centos de familiares, que non perderon a ocasión de ver aos seus pequenos disputar os seus primeiros partidos, tamén puideron visitar a hostalería carballesa, xa que ao inscribirse 44 equipos, que viñeron de distintos puntos das provincias de Lugo, Ourense e da Coruña, encheron a zona dos locais da zona e do centro de Carballo.

 

Dende a Escola Basket Xiria queremos agradecer o apoio das institucións: Concello de Carballo e Carballo Deporte, da Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia, a nivel institucional, pero non podemos esquecernos doutras axudas importantes, coma o Grupo Dimolk, Sambrandan, Autoservicios Familia, Supermercados Froiz e da colaboración da hostalería carballesa.

 

GRAZAS!