O DIA do PEQUEBASKET volve a colleitar un novo éxito de participación.

O 12º DIA do PEQUEBASKET volve a ser un éxito de participantes e organización, convertendo a Carballo na Capital do Baloncesto de iniciación, con 483 participantes e 42 equipos vidos de toda Galicia.

 

A pesar do presaxio inicial e a “ameaza” de choiva, que finalmente non sucedeu, novamente Carballo nun 17 de maio volve culminar unha gran xornada deportiva de base, convertindo a capital de Bergantiños non “centro deportivo” e capital do BA LON CES TO de iniciación, coa edición 12ª Día do Pequebasket. Xa dende antes das 9:30h, comezaban a chegar os participantes máis madrugadores….rematando a xornada sobre ás 18:00h cunha tarde despexada e de cor azul. ToDo isto fixo que a zona do Pavillón Carballo Calero e zonas exteriores do CEIP Bergantiños en Carballo, converteuse nun “fervedoiro” de nenas e nenos de 5 a 8 anos. A animación propia desta xornada que cada ano e coincidindo co Día dás Letras Galegas, supón unha perfecta mestura do deporte de base, a cultura, promoción turística, unido a unha xornada chea de diversión e convivencia. A puntualidade no comezo do evento e as súas actividades programadas de antemán, onde procurase sempre cumprir o programa horario, fixo de novo  o DIA do PEQUEBASKET, organizado pola ESCOLA BASKET XIRA un éxito organizativo. Ademáis este ano coma novidade participaron a ASOCIACION UN PASO MAIS, e tamén recibimos coboración do CLUB CICLISTA CARBALLO, que nos organizou un circuito de seguridade vial, co seu material e bicis para os participantes do evento.

 

A xornada discorreu á perfección, coordinada por Arturo Ferraces –Director Deportivo de Basket Xiria– e coa axuda dos adestradores e xogadores dos equipos base de Basket Xiria, axudados en outras labores por nais e país do Club, xogadorxs de categorías infantil, cadete e junior, coa colaboración de 30 nais e pais coma voluntarios, para  que os 483 participantes que viñeron a Carballo, para gozar dunha xornada deportiva e lúdica en familia, no 64ª Día das Letras Galegas -que se dedicou ás Begoña Caamañoe que fixo que máis de 2.000 persoas pasasen por Carballo para presenciar este evento que chega a súa undécima edición.

 

 

Como titulaba a prensa escrita: Preto de  500 participantes nunha nova edición do Día do Pequebasket, ouFebre polo baloncesto en Carballo co Pequebasket, o que demostra que a Escola Basket Xiria volveu a colleitar un rotundo éxito organizativo, nunha nova edición que xa se consolida coma un referente a nivel galego e unha data marcada como ineludible, no “calendario” de moitos clubs do país. Estes novos xogadorxs de basquet, que unidos a centos de familiares, que non perderon a ocasión de ver aos seus pequenos disputar os seus primeiros partidos, tamén puideron visitar a hostalería carballesa, xa que ao inscribirse 42 equipos, que viñeron de distintos puntos das provincias de Lugo, Ourense, Pontevedra e da Coruña, encheron a zona dos locais da zona e do centro de Carballo.

 

Dende a Escola Basket Xiria queremos agradecer o apoio das institucións: Concello de Carballo e Carballo Deporte, da Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia, a nivel institucional, pero non podemos esquecernos doutras axudas importantes, coma o Grupo Dimolk e da colaboración da hostalería carballesa.

GRAZAS!