Archivos por etiqueta: babybasket

17 Abr

A VIª Edición do Pequebasket en Carballo xa ten Cartel Oficial

O vindeiro 17 de Maio de 2018, terá lugar unha nova edición do Día Autonómico do Pequebasket en Carballo, a festa anual que organiza a Escola Basket Xiria para nenos e nenas de 5 a 8 anos, que conta xa co cartel oficial desta sexta edición. 

Carballo, 17 de Abril de 2018. O Cartel oficial quere representar a importancia destacada dos nenos e nenas nesta xornada, así como facer un guiño ó día das letras Galegas, co Taboleiro de Baloncesto coa bandeira de Galicia. Tamén se fai referencia á vila de Carballo a través das follas de Carballo que flotan polo cartel.

Escola Basket Xiria espera reunir o vindeiro 17 de maio en Carballo a preto de 600 nenos/as e, en consecuencia, a 600 familias que compartirán con nós unha xornada de deporte, cultura, xogos e diversión que será posible grazas á implicación de institucións como o Concello de Carballo, a Deputación Provincial da Coruña e a Federación Galega de Baloncesto, e á colaboración de numerosas empresas e entidades ás que queremos agradecer publicamente o seu esforzo.

prazo de inscrición xa está aberto dende fai días, e xa confirmaron a súa asistencia máis de 20 equipos.

O equipo organizador do 6º Día do Pequebasket leva varias semanas traballando na programación da xornada lúdica, festiva e deportiva que se celebrará o Día das Letras Galegas e xa pronto pechará as actividades lúdicas e de lecer.

Precisamente dado o éxito e a repercusión que tivo o 5º Día do Pequebasket, que xa está considerada xa como un evento de referencia autonómica, este ano aumentouse o límite a 60 equipos, para intentar batir todos os records de asistencia ata o momento.

Cartel_VI_Dia_Pequebasket_2018

O prazo de inscrición rematará o día 4 de Maio e as solicitudes tramítanse a través da FEDERACION GALEGA DE BALONCESTO, no enderezo electrónico: galicia2018@fegaba.com  e a solicitude de inscrición (enlace: http://www.diapequebasket.es/wp-content/uploads/inscricion-+-info-DIA-PEQUEBASKET_2018_form.pdf , ao igual que toda a información dispoñible sobre o evento está páxina web:  www.diapequebasket.es

 Escola Basket Xiria

#6ºDiaPequebasket

06 Abr

Abrese o prazo de inscrición para o “6º DÍA do PEQUEBASKET”

Xa son varios os clubes que confirmaron a súa asistencia, antes da propia apertura formal do prazo da inscrición, polo que a Escola Basket Xiria espera cubrir os mesmos participantes que nas últimas edicións.

Carballo, 6 de abril do 2016.  Onte abriuse o prazo de inscrición para a sexta edición do DIA DO PEQUEBASKET. A Escola Basket Xiria espera reunir o vindeiro 17 de maio en Carballo a máis de 600 nenas e nenos de 5 a 8 anos de idade, que gozarán xunto ás súas familias dunha xornada de deporte, cultura, xogos e diversión. Ao mesmo tempo que seguen a chegar solicitudes de información de novos clubes que nunca participaron, o equipo organizador do DIA DO PEQUEBASKET avanza na programación dos distintos apartados da actividade, que ten un marcado carácter familiar e que supón, ao mesmo tempo, unha homenaxe do baloncesto carballés ao Día das Letras Galegas.

O prazo de inscrición rematará o día 4 de Maio e as solicitudes tramítanse a través da FEDERACION GALEGA DE BALONCESTO, no enderezo electrónico: galicia2018@fegaba.com  e a solicitude de inscrición (enlace: http://www.diapequebasket.es/wp-content/uploads/inscricion-+-info-DIA-PEQUEBASKET_2018_form.pdf , ao igual que toda a información dispoñible sobre o evento está páxina web:  www.diapequebasket.es

324F6839-7EAF-44D9-BC9E-8

Nesta sexta edición, que supón todo un grande esforzo a nivel organizativo e un novo reto, haberá novidades respecto ás actividades lúdicas, nas que estamos a traballar para a diversión dos participantes e de todo o público en xeral que desexa pasar un dia distinto con nós.

A Escola Basket Xiria agradece a implicación do Concello de Carballo e Carballo Deporte, da Deputación Provincial da Coruña e a Federación Galega de Baloncesto, así coma de todos os patrocinadores do Club e dos colaboradores pola boa acollida que dispensan ao DIA DO PEQUEBASKET.

 Escola Basket Xiria

#6ºDiaPequebasket

06 May

650 participantes e 55 equipos no “5ª Dia do Pequebasket” en Carballo

Péchase anticipadamente o prazo de inscrición dado que os últimos días superaban o límite de 49 equipos que se poñía a organización e a pesares deste límite, decidiuse ampliar a 55 os equipos participantes no evento. O V Aniversario do Día do Pequebasket, seguirá sendo un éxito de participación.

Carballo, 06 de Maio de 2017. A falta de 11 días para o 5º Día do Pequebasket, todo está en marcha para que o día das letras galegas volva a ser un referente do Baloncesto de Base en Carballo, xa que a este evento acércanse máis de 600 rapaces e rapazas de toda Galicia para desfrutar dun día de convivencia, deporte, saúde e amizade.

Este evento volve a superar as expectativas da Escola Basket Xiria, no que colaboran tamén o Concello de Carballo, Deputación da Coruña e Federación Galega de Baloncesto, así como outros patrocinadores de forma privada.

Isto ben a confirmar que a idea de organizar o DIA DO PEQUERBASKET como EVENTO LÚDICO-DEPORTIVO e coma clausura das Escolas de Iniciación de Baloncesto do Club, esta a chegar aos clubs de Galicia e xa conta con moitos equipos que non se queren perder este día de xogos, diversión e deporte en Carballo. Ademáis, durante a presente tempada, creouse a liga de Babybasket nas mesmas idades por toda Galicia, e está dando moi bos resultados deportivos.

Equipos participantes 55

Aproveitamos a presente, para recordarvos a data de presentación do 5º Dia do Pequebasket, que será o vindeiro MARTES día 9 de MAIO, as 19:15 h no Casino de Carballo (rúa Vázquez de Parga nº 1) e na que estades tod@s convidados. Invitamos especialmente ós nenos e nenas máis pequenos, para que desfruten dunha sorprendente actuación.

©dende 2012 - 17 Maio - Día do Pequebasket by ESCOLA BASKET XIRIA