05 May

Pechase a inscrición do 6ºDía do Pequebasket con récord de 62 equipos.

Rematado o prazo de onte, a organización do 6º DIA do PEQUEBASKET, pécha a inscrición con récord absoluto de equipos anotados. O número de equipos participantes quedara nesta nova edición en 62 inscritos que estarán en Carballo o vindeiro día 17 de Maio.

Carballo, 5 de maio do 2018. A organización do 6º Dia do Pequebasket, decidiu onte nunha reunión, de acordo coa Federación Galega de Baloncesto pechar o prazo de inscrición desta sexta edición, dado o número de equipos interesados ascende a 62.
Novamente supérense as expectativas da Escola Basket Xiria, Concello de Carballo, Deputación da Coruña e Federación Galega de Baloncesto, incluso ás do año 2017 (con 57 equipos) e por outra banda, bátase un novo récord absoluto de equipos participantes (61 equipos en 2016). Os 62 equipos que participarán no 6º Dia do Pequebasket, eleva o número de participantes a máis de 700.
Unha vez máis supera as expectativasebe iSto ben a confirmar que a idea de organizar o DIA DO PEQUEBASKET como EVENTO LÚDICO-DEPORTIVO e coma clausura das Escolas de Iniciación de Baloncesto do Club, esta a chegar aos clubs de Galicia e xa conta con moitos equipos que non se queren perder este día de xogos, diversión e deporte en Carballo.

Aproveitamos a presente para recordarvos que a Presentación do evento, será na Biblioteca Municipal do Rego da Balsa de Carballo, o mércores 9 as 19:00h, e na que daremos máis datos sobre os equipos, clubs e participantes. Ademais contaremos coa presenza do Sr. Alcalde de Carballo, Evencio Ferrero; do Presidente da Federacion Galega de Baloncesto, Francisco Martín Micó e máis de representantes da Deputación da Coruña, e na que estades tod@s convidad@s.

ESCOLA BASKET XIRIA
info@diapequebasket.es
www.diapequebasket.es
#DiaPequebasket2018

©dende 2012 - 17 Maio - Día do Pequebasket by ESCOLA BASKET XIRIA