14 May

Fernando Romay voltará o Martes 17 ó “4º Día do Pequebasket”.

A cifra de participantes é todo un record para Carballo.

Carballo, 13 de Maio de 2016. Fernando Romay, será un ano máis o padriño do Pequebasket, un evento deportivo orientado a nenos de 5 a 8 anos en Carballo, que este ano contará con cerca de 700 participantes federados en 60 equipos participantes de toda Galicia, máis os nenos e nenas non federados que poderán asistir de maneira gratuita a este gran evento infantil.

O padriño do Día do Pequebasket, Fernando Romay
Como novidade, nesta edición farase unha recollida de Leite para a campaña “NINGÚN NIÑO SIN BIGOTE” en colaboración coa Obra Social “La Caixa” … http://www.granrecogidadeleche.es/

Campaña "Ningún Niño sin Bigote"

Como sabedes, en España todavía hai miles de familias que non poden cubrir as necesidades máis elementales, como pode ser unha alimentación adecuada para os seus fillos, polo que se está a traballar para facer chegar un alimento tan básico como o leite. Para que ningún neno quede sen bigote, necesitamos a colaboración de toda a sociedade, e dende a Escola Basket Xiria no día do Pequebasket, no que se espera a asistencia de máis de 5.000 persoas, farase esta recollida solidaria de leite.
Dende o club queremos dalas gracias ós máis de 100 voluntarios e voluntarias que participarán neste evento de difusión do deporte e valores na capital de Bergantiños, que durante un día se convirte na capital autonómica do Baloncesto en idades tempranas.

+ info: Calendario de partidos: http://www.diapequebasket.es/wp-content/uploads/Calendario-e-horarios-Pequebasket-2016.pdf

Cartel e dítico de hostalería de Carballo: http://www.diapequebasket.es/ditico-cartel/

Vídeo da edición do Pequebasket 2015: https://www.youtube.com/watch?v=u2Q4uW6nQRY

Galería de fotos edicións pasadas: http://www.diapequebasket.es/galeria/

ESCOLA BASKET XIRIA
info@diapequebasket.es
www.diapequebasket.es
#4DiaPequebasket

07 May

Oito canchas de minibasket, máis de cen partidos, inchables, xogos e moito máis: o 17 de maio no IV Día do Pequebasket

Máis de 700 nenos e nenas de entre 5 e 8 anos participarán o martes 17 de maio no IV Día do Pequebasket, unha cita que invadirá Carballo con 60 equipos das categorías de base e que bate, segundo explicou o Presidente da Escola Basket Xiria Diego Vázquez, “todos os récords” sendo un evento “de referencia autonómica e en pouco tempo, esperemos que o sexa nacional”, tamén confirmou a presenza de Fernando Romay.

Carballo, 6 de Maio de 2016. O xoves levouse a cabo a presentación oficial do “IV Dia do Pequebasket”, no casino de Carballo.

Oito (8) canchas de peque e minibasket, un total de 110 partidos en formato 4×4, inchables, coches e a pedais e moitos xogos son só algunhas das actividades que terán lugar nesta cita que ten como principal obxectivo que os nenos e nenas o pasen ben e desfruten dun día inesquecible.

Así o explicou Francisco Martín Mico, Presidente da Federación Galega de Baloncesto, que expresou a súa “maior alegría porque se forme aos nenos e nenas nos valores do deporte”. Aproveitou para transmitirlle os seus parabéns aos campións galegos, os cadetes de “Carballo a un Paso” Basket Xiria, “competindo con equipos de Coruña, Santiago ou Vigo”. Aproveitou tamén para confirmar a presenza de Fernando Romay, que coma en anos anteriores, non quere perder esta nova cita en Carballo, donde está a crear un gran vínculo deportivo coma padriño do “DIA DO PEQUEBASKET”.

CARTA PARABENS A CADETE MASCULINO – FEDERACION GALEGA DE BALONCESTO

Orgullo do deporte carballés.

Deputado de Deportes da Diputación da Coruña, Xosé García Liñares, tamén resaltou que “sen tesón e sen esforzo non hai nada”. Pechou a quenda de intervencións o Alcalde de Carballo, Evencio Ferrero, que estivo presente na cita xunto co Concelleiro de Deporte, Marcos Trigo, e o de Promoción Económica e Turismo Xosé Regueira. Ferrero aproveitou para reiterar os seus parabéns para os cadetes de Carballo. “A estas alturas da evolución dunha entidade como Basket Xiria temos que dicir que Carballo é deporte”. Por iso, Ferrero quixo agradecer “o traballo de todos e todas, a ilusión e o empuxe, porque todos nos sentimos orgullosos de ser carballeses ao ver que os nosos equipos trunfan”. Rematou desexándolle moito éxito ao IV Día do Pequebasket.

AS FOTOGRAFÍAS DO EVENTO NO CASINO

Para rematar a presentación, proxectouse un vídeo (PREME NO ENLACE) resumo do III Día do Pequebasket celebrado en 2015 que podedes ver aquí. Vémonos o día 17 con moito baloncesto!

Vídeo resumo do Pequebasket 2015

#4DiaPequebasket

04 May

Presentación do Pequebasket Xoves 5 de Maio no Casino de Carballo

Mañán xoves día 5, ás 19h., no CASINO DE CARBALLO, terá lugar o acto de presentación do “4º DIA do PEQUEBASKET”.

O Casino de Carballo acolle o Xoves 5 de Maio ás 19.00 h. a presentación oficial do IV Día do Pequebasket, que este ano contará con 60 equipos e máis de 700 nenos e nenas que invadirán o Día das Letras Galegas o Pavillón Carballo Calero e toda a contorna da zona Bergantiños.

Está prevista a presenza na cita do Alcalde de Carballo, Evencio Ferrero; do Concelleiro de Deporte, Marcos Trigo; do presidente da Federación Galega de Baloncesto Francisco Martín Mico; do Deputado de Deportes da Diputación da Coruña Xosé García Liñares; do Presidente da Escola Basket Xiria Diego Vázquez Reino e de representantes de Escola Basket Xiria, organizadora da cita, así como de tódalas entidades colaboradoras.

Tamén haberá unha actuación do Mago Alex para os máis pequenos, amenizando esta presentación.

Invitación PRESENTACION

Non faltes!!

30 Abr

Pechase o inscrición do 4ºDía do Pequebasket con 60 equipos

A unha semana do prazo dado inicialmente pola organización do 4º DIA do PEQUEBASKET, péchase anticipadamente o prazo de inscrición dado o número de equipos anotados. O número de equipos participantes quedara nesta nova edición en 60 inscritos que estarán en Carballo o vindeiro día 17 de Maio.

Carballo, 30 de abril do 2015A organización do 4º Dia do Pequebasket, decidiu onte nunha reunión, de acordo coa Federación Galega de Baloncesto pechar o prazo de inscrición (inicialmente remataba o 06.05.16) desta cuarta edición, dado o número de equipos interesados e así non deixar a ningunha das solicitudes fora da actividade. Os 60 equipos que participarán no 4º Dia do Pequebasket, eleva o número de participantes a máis de 700.

Dos 49 equipos que inicialmente poñiamos coma límite e dado as solicitudes desta ultima semana (o dia 22.04.16 contabamos con 34 equipos) inscritos decidiuse elevar ata ao numero actual e así pechar esta edición, que unha vez máis supera as expectativas da Escola Basket Xiria, Concello de Carballo, Deputación da Coruña e Federación Galega de Baloncesto.

Isto ben a confirmar que a idea de organizar o DIA DO PEQUERBASKET como EVENTO LÚDICO-DEPORTIVO e coma clausura das Escolas de Iniciación de Baloncesto do Club, esta a chegar aos clubs de Galicia e xa conta con moitos equipos que non se queren perder este día de xogos, diversión e deporte en Carballo.

Para a vindeira semana daremos máis datos sobre os equipos, clubs e participantes. Aproveitamos a presente, para recordarvos a data de presentación do 4º Dia do Pequebasket, que será o vindeiro XOVES día 5 de MAIO, as 19h no Casino de Carballo e na que estades tod@s convidados.

ESCOLA BASKET XIRIA                       #4DiaPequebasket

 

24 Abr

Xa son 34 os equipos inscritos para o 4ºDía do Pequebasket

Aínda que o prazo abriuse o pasado día 15, en tan só unha semana, xa son 34 os equipos inscritos, dun total de 49 que este ano limita a organización. O prazo seguirá aberto ata o vindeiro día 6 de Maio.

Carballo, 22 de abril do 2016. A día de hoxe xa hai 34 equipos inscritos para o 4ºDía do Pequebasket, o que indica que este ano voltaremos a bater un novo récord e chegar aos 49 equipos inscritos. A Escola Basket Xiria espera reunir o vindeiro 17 de maio en Carballo a preto de 600 nenas e nenos de 5 a 8 anos de idade, que gozarán xunto ás súas familias dunha xornada de deporte, cultura, xogos e diversión. Ao mesmo tempo que seguen a chegar solicitudes de participación, o equipo organizador do Día do Pequebasket avanza na programación dos distintos apartados da actividade, que ten un marcado carácter familiar e que supón, ao mesmo tempo, unha homenaxe do baloncesto carballés ao Día das Letras Galegas.

 

O prazo de inscrición rematará o día 6 de Maio e as solicitudes poden tramitarse a través da Federación Galega de Baloncesto (galicia2018@fegaba.com), tendo toda a información na web: www.diapequebasket.es

Tamén a nivel turística e hostelería, os participantes poden solicitar dita información a través da web de turismo do Concello de Carballo (www.turismocarballo.com) e na propia oficina turística, no teléfono: 981 702 077 e correo electrónico: museo@carballo.org .

O vindeiro xoves día 6 de Maio, cando remate do prazo de inscrición, farase a Presentación Oficial do 4º Dia do Pequebasket, nun coñecido e antigo local asociativo de Carballo, que desvelaremos na vindeira semana… Contaremos coa presenza das Autoridades Locais e Provinciais (deputación da Coruña) e máis da Federación Galega de Baloncesto, este día darase a coñecer os pormenores e novas actividades do 4º Dia do Pequebasket.

ESCOLA BASKET XIRIA
Pav. IES Isidro Parga Pondal
Rúa Muíño da Pintura, nº 4
CARBALLO (A Coruña)
M. 607 847 925 | F. 981 75 85 54
info@diapequebasket.es
www.diapequebasket.es
#4Dia Pequebasket

14 Abr

O vindeiro venres día 15 de Abril ábrese o prazo de inscrición para o “4º Día do Pequebasket “.

Xa son varios equipos os que confirmaron a súa asistencia, antes da propia apertura formal do prazo da inscrición, polo que a Escola Basket Xiria, conta superar os inscritos da terceira edición.

Carballo, 14 de abril do 2016.  O venres día 15 de Abril, ábrese o prazo de inscrición para a cuarta edición do DIA DO PEQUEBASKET. A Escola Basket Xiria espera reunir o vindeiro 17 de maio en Carballo a máis de 600 nenas e nenos de 5 a 8 anos de idade, que gozarán xunto ás súas familias dunha xornada de deporte, cultura, xogos e diversión. Ao mesmo tempo que seguen a chegar solicitudes de participación, o equipo organizador do DIA DO PEQUEBASKET avanza na programación dos distintos apartados da actividade, que ten un marcado carácter familiar e que supón, ao mesmo tempo, unha homenaxe do baloncesto carballés ao Día das Letras Galegas.

O prazo de inscrición rematará o día 6 de Maio e as solicitudes tramítanse a través da FEDERACION GALEGA DE BALONCESTO, no enderezo electrónico: galicia2018@fegaba.com  e a solicitude de inscrición (enlace: http://www.diapequebasket.es/wp-content/uploads/Inscricion-+-Info-D%C3%ADa-do-Pequebasket_2016.pdf) , ao igual que toda a información dispoñible sobre o evento está páxina web:  www.diapequebasket.es

Inscricion DIA PEQUEBASKET 2016

Nesta cuarta edición, que supón todo un grande esforzo a nivel organizativo e un novo reto, haberá novidades respecto ás actividades lúdicas, nas que estamos a traballar para a diversión dos participantes e de todo o público en xeral que desexa pasar un dia distinto con nós.

A Escola Basket Xiria agradece a implicación do Concello de Carballo, a Deputación Provincial da Coruña e a Federación Galega de Baloncesto, así coma de todos os patrocinadores do Club e dos colaboradores pola boa acollida que dispensan ao DIA DO PEQUEBASKET.

ESCOLA BASKET XIRIA

01 Abr

O 4º Día do Pequebasket xa ten Cartel oficial.

O vindeiro día 15 de Abril ábrese o prazo de inscrición e a festa anual que organiza a Escola Basket Xiria para nenos e nenas de 5 a 8 anos, que conta xa co cartel oficial desta cuarta edición. 

Carballo, 1 de abril do 2016.  A Escola Basket Xiria espera reunir o vindeiro 17 de maio en Carballo a preto de 600 nenos/as e, en consecuencia, a 600 familias que compartirán con nós unha xornada de deporte, cultura, xogos e diversión que será posible grazas á implicación de institucións como o Concello de Carballo, a Deputación Provincial da Coruña e a Federación Galega de Baloncesto, e á colaboración de numerosas empresas e entidades ás que queremos agradecer publicamente o seu esforzo.

image

O vindeiro 15 de abril abrirase o prazo de inscrición, aínda que xa son numerosos os clubs que se interesaron pola iniciativa e de feito confirmaron a súa presenza antes da apertura oficial do prazo de inscrición. O equipo organizador do 4º Día do Pequebasket leva varias semanas traballando na programación da xornada lúdica, festiva e deportiva que se celebrará o Día das Letras Galegas e xa pronto pechará as actividades lúdicas e de lecer.

Cartel Día Pequebasket 2016

Precisamente dado o éxito e a repercusión que tivo o 3º Día do Pequebasket, que xa está considerada xa como un evento de referencia autonómica, este ano aumentouse o límite a 49 equipos, dado que para un evento dun só día, non sería posible celebralo con máis equipos.

inscrición formalizarase a través da Federación Galega de Baloncesto, pódese descargar na web  www.diapequebasket.es  e unha vez cuberta a ficha de inscrición, deberase de enviar ao correo da FEGABA  galicia2018@fegaba.es , ata o venres 6 de Maio.

 

Atentamente

 

ESCOLA BASKET XIRIA

Pav. IES Isidro Parga Pondal

Rúa Muíño da Pintura, nº 4

CARBALLO (A Coruña)

M. 607 847 925 | F. 981 75 85 54

info@diapequebasket.es

www.diapequebasket.es

#4DiaPequebasket

16 Mar

A Federación Galega de Baloncesto apoia o Pequebasket na súa Cuarta Edición

A dous meses da celebración da cuarta edición do Pequebasket, a Escola Basket Xiria comeza a preparación da actividade a pleno rendimento, orientada para nenos e nenas de 5 a 8 anos de toda Galicia.

Un ano máis, o Pequebasket celebrarase o día 17 de Maio, coincidindo co Día das Letras Galegas, día festivo en toda a comunidade.

O equipo organizador do 3º Día do Pequebasket está metido de cheo na programación da xornada lúdica, festiva e deportiva que se celebrará o vindeiro 17 de maio, coincidindo co Día das Letras Galegas. Diego Vázquez Reino -presidente da entidade- , Arturo Ferraces – director deportivo da Escola Basket Xiria- e Marcos Díaz Molk -membro da xunta directiva-, mantiveron unha reunión na Federación Galega de Baloncesto que resultou moi frutífera. Na xuntanza, na que participaron o presidente da Fegaba, Francisco Martín; a secretaria xeral, Susana Fernández, e as responsables de eventos e prensa, a Federación expresou o seu total apoio á iniciativa, considerada xa como un evento de referencia autonómica que mesmo está sendo imitado en outros lugares de dentro e fóra de Galicia.

carballo basket xiria en federacion gallega baloncesto

A Fegaba está completamente implicada e decidida a colaborar coa Escola Basket Xiria para impulsar a actividade, que novamente reunirá en Carballo a máis de cincocentos nenos de 5 a 8 anos para desfrutar dunha xornada multideportiva, lúdica e festiva co baloncesto como pano de fondo.

Aquí podes ver os vídeos da edición do ano pasado

En próximos días darase a conocer o cartel anunciador da cuarta edición

Estade atentos ás novas da web do Pequebasket www.diapequebasket.es

MÁIS INFO EN:

ESCOLA BASKET XIRIA

Pav. IES Isidro Parga Pondal

Rúa Muíño da Pintura, nº 4

CARBALLO (A Coruña)

M. 607 847 925 | F. 981 75 85 54

info@diapequebasket.es

www.diapequebasket.es

#30anosbasketxiria

16 May

O Concello de Carballo recibe a Fernando Romay

O padrino do “3ª DIA do EPQUEBASKET, Fernando Romay asinará no libro de honra do Concello.

Á recepción no concello terá lugar ás 13:45h, de maná domingo (Día das Letras Galegas), na Alcaldía. Una vez rematado este acto, Fernado Romay acercarase de novo -xa a primeira hora da tarde- a compartir cos nenos e nenas que se acheguen ata o Complexo Deportivo Carballo Calero e veñan a disfrutar do “3º DÍA do PEQUEBASKET”.

A continuación indicámosvos o horarioda clausura e máis os asistentes á entrega de medallas (acto que terá lugar no CEIP Bergantiños).

 ACTO DE CLAUSURA  E ASISTENTES

  • Evencio Ferrero, alcalde de Carballo
  • Mariel Padín, vicepresidenta da Deputación Provincial da Coruña
  • Francisco Martín, presidente da Federación Galega de Baloncesto
  • Marcos Trigo, concelleiro de Deportes de Carballo
  • Diego Vázquez, presidente da Escola Basket Xiria

 

DESENVOLVEMENTO DO ACTO

18.30 horas.- Remate actividade e inicio acto de clausura

Os nenos e nenas reuniranse formando equipos nas pistas polideportivos e irán desfilando por diante das autoridades para recoller a medalla conmemorativa. De igual xeito, cada un dos clubs participantes recibirá un agasallo.

19.00 horas.-

Foto de familia con participantes e autoridades e máis peche da xornada.

©dende 2012 - 17 Maio - Día do Pequebasket by ESCOLA BASKET XIRIA