Archivos por categoría: Sin categoría

10 May

Presentación do “5ª DIA do PEQUEBASKET 2017” no Casino de Carballo

A Escola Basket Xiria presentou a quinta edición do seu Día do Pequebasket nun concorrido acto que tivo lugar no Casino

FOTOGRAFÍAS DO EVENTO

10/5/2017 O 17 de maio Carballo será, por quinto ano consecutivo, capital galega do baloncesto para os máis cativos. 650 xogadores de entre 5 e 8 anos e 55 equipos de toda a comunidade citaranse na zona do Pavillón Carballo Calero para gozar do V Pequebasket, unha data subliñada no calendario de clubs de Viveiro, Ourense, Lugo, As Pontes, A Coruña, Santiago, Ferrol, Porto do Son, Sarria, Teo, Vigo, Culleredo, Ponteceso, Cee, A Laracha e, claro está, a nosa localidade. A organización quedou, coma sempre, nas mans da Escola Basket Xiria, que conta coa colaboración do Concello, a Deputación Provincial da Coruña e a Federación Galega de Baloncesto.

Do interese que esperta cada ano esta xornada de convivencia, deporte, saúde e amizade (que clausura, ademais, a tempada das Escolas de Iniciación do Basket Xiria e, nesta ocasión, tamén o Babybasket, a nova competición creada este curso pola Federación Galega) fala o feito de que houbese que pechar a inscrición once días antes da celebración do evento, e logo de ampliar ata 55 o número máximo de equipos participantes, inicialmente establecido en 49.

Como novidade, o vindeiro mércores non visitará o Pavillón Carballo Calero o ata este ano padriño do Pekebasket, Fernando Romay, pero si está confirmada a presencia de varios xogadores do primeiro equipo do Obradoiro.

O Pequebasket 2017 presentouse hoxe no Casino, nun acto no que foi anfitrión o presidente da xestora da entidade, Ricardo Vilas, e no que participaron o alcalde, Evencio Ferrero; o presidente da  Escola Basket Xiria, Marcos Díaz Molk; o responsable de Deportes da Deputación, José García Liñares, e o presidente da Federación Galega de Baloncesto, Francisco Martín.

“Nos nosos soños chegaríamos aos 1.000 participantes -asegurou Molk-, pero, por presuposto, tivemos que pechar a inscrición en case 650. Os cartos para o Pequebasket –engadiu- non son un gasto, son un investimento de futuro: en educación, en adestradores, en saúde”. Entre os agradecementos do presidente do Basket Xiria, ademais do alcalde e do edil de Deporte, Marcos Trigo, estivo o concelleiro de Turismo e Promoción Económica, Xose Regueira, “un dos impulsores do Pequebasket desde a primeira edición”, dixo.

Francisco Martín mostrouse gratamente sorprendido do “percorrido que está a ter o Pequebasket” e confesou que cando a Federación Galega puxo a andar o BabyBasket fíxoo tendo sempre moi presente o torneo do Basket Xiria. “Chámese Pequebasket, Babybasket ou como se chame, Carballo ten que ser un referente no baloncesto galego para rapaces desta idades”.

Para Liñares, o Pequebasket “ten un aspecto importantísimo, que é o da convivencia: a convivencia fomenta a educación e, loxicamente, a través da educación seremos moito máis libres”.

O alcalde de Carballo lembrou os nacementos de varias das seccións de Xiria no ano 1983. “Pero o que é máis importante de todo –dixo- é que moitas persoas que formaron parte de Xiria desde hai moitos anos sigan vinculadas ao club, porque o que claramente demostra isto é que os proxectos que teñen sentido son os colectivos, e os proxectos colectivos son os que lle dan vida a un pobo. Neste aspecto, todos nos temos que sentir moi afortunados de dicir que en Carballo o deporte é tremendamente relevante: no baloncesto e noutras categorías deportivas”.

06 May

650 participantes e 55 equipos no “5ª Dia do Pequebasket” en Carballo

Péchase anticipadamente o prazo de inscrición dado que os últimos días superaban o límite de 49 equipos que se poñía a organización e a pesares deste límite, decidiuse ampliar a 55 os equipos participantes no evento. O V Aniversario do Día do Pequebasket, seguirá sendo un éxito de participación.

Carballo, 06 de Maio de 2017. A falta de 11 días para o 5º Día do Pequebasket, todo está en marcha para que o día das letras galegas volva a ser un referente do Baloncesto de Base en Carballo, xa que a este evento acércanse máis de 600 rapaces e rapazas de toda Galicia para desfrutar dun día de convivencia, deporte, saúde e amizade.

Este evento volve a superar as expectativas da Escola Basket Xiria, no que colaboran tamén o Concello de Carballo, Deputación da Coruña e Federación Galega de Baloncesto, así como outros patrocinadores de forma privada.

Isto ben a confirmar que a idea de organizar o DIA DO PEQUERBASKET como EVENTO LÚDICO-DEPORTIVO e coma clausura das Escolas de Iniciación de Baloncesto do Club, esta a chegar aos clubs de Galicia e xa conta con moitos equipos que non se queren perder este día de xogos, diversión e deporte en Carballo. Ademáis, durante a presente tempada, creouse a liga de Babybasket nas mesmas idades por toda Galicia, e está dando moi bos resultados deportivos.

Equipos participantes 55

Aproveitamos a presente, para recordarvos a data de presentación do 5º Dia do Pequebasket, que será o vindeiro MARTES día 9 de MAIO, as 19:15 h no Casino de Carballo (rúa Vázquez de Parga nº 1) e na que estades tod@s convidados. Invitamos especialmente ós nenos e nenas máis pequenos, para que desfruten dunha sorprendente actuación.

11 Abr

O V Día do Pequebasket en Carballo abre a inscrición de equipos

Xa son varios equipos os que confirmaron a súa asistencia, antes da propia apertura formal do prazo da inscrición, polo que a Escola Basket Xiria, conta superar os inscritos da cuarta edición.

Carballo, 12 de abril do 2017.  O Mércores día 12 de Abril, ábrese o prazo de inscrición para a quinta edición do DIA DO PEQUEBASKET. A Escola Basket Xiria espera reunir o vindeiro 17 de maio en Carballo a máis de 600 nenas e nenos de 5 a 8 anos de idade, que gozarán xunto ás súas familias dunha xornada de deporte, cultura, xogos e diversión. Ao mesmo tempo que seguen a chegar solicitudes de participación, o equipo organizador do DIA DO PEQUEBASKET avanza na programación dos distintos apartados da actividade, que ten un marcado carácter familiar e que supón, ao mesmo tempo, unha homenaxe do baloncesto carballés ao Día das Letras Galegas.

O prazo de inscrición rematará o día 6 de Maio e as solicitudes tramítanse a través da FEDERACION GALEGA DE BALONCESTO, no enderezo electrónico: galicia2018@fegaba.com  e a solicitude de inscrición (enlace: http://www.diapequebasket.es/wp-content/uploads/inscricion-e-info-pequebasket_2017_FORM.pdf ) , ao igual que toda a información dispoñible sobre o evento está páxina web:  www.diapequebasket.es

Inscricion DIA PEQUEBASKET 2016

Nesta quinta edición, que supón todo un grande esforzo a nivel organizativo e un novo reto, haberá novidades respecto ás actividades lúdicas, nas que estamos a traballar para a diversión dos participantes e de todo o público en xeral que desexa pasar un dia distinto con nós.

A Escola Basket Xiria agradece a implicación do Concello de Carballo, a Deputación Provincial da Coruña e a Federación Galega de Baloncesto, así coma de todos os patrocinadores do Club e dos colaboradores pola boa acollida que dispensan ao DIA DO PEQUEBASKET.

ESCOLA BASKET XIRIA

10 Abr

Inscrición e Información do V Día do Pequebasket en Carballo

DESCARGA AQUÍ O PDF INSCRICIÓN PEQUEBASKET 2017

FICHA INFORMACION V DÍA DO PEQUEBASKET
ESCOLA BASKET XIRIA / CIF: G-70045884
©Día do Pequebasket
ORGANIZA e PATROCINAN
· ESCOLA DE BASKET XIRIA
· CONCELLO DE CARBALLO
· DEPUTACION DE A CORUÑA

COLABORAN
· FEDERACION GALEGA DE BALONCESTO
· CAIXABANK
· HOSTALERIA DE CARBALLO
· CONSERVAS CALVO
· CONSTRUCCIONS RAMON VAZQUEZ Y REINO

CATEGORIAS
· PEQUEBASKET, xogador@s
· Formaranse os grupos en función das idades.

DATA e LUGAR de CELEBRACION
· Mércores 17 de Maio
· Pavillón Municipal CARBALLO CALERO
Enderezo: Rúa Carballo Calero
Coordenadas GPS: Latitude:

DONDE INSCRIBIRSE
Para participar no Torneo hai que cubrir a seguinte ficha

DESCARGA AQUÍ O PDF INSCRICIÓN PEQUEBASKET 2017

Poderán formalizarse ata o Venres 5 de Maio de 2017 e enviar a:

galicia2018@fegaba.com  – club@carballobasket.es

AVITALLAMENTO dos PARTICIPANTES
A comida e merenda, correrán a cargo da Organización cuberto (en caso de choiva) e indicarase
A Organización facilitará auga a tódolos participantes, durante a
Rogamos non comuniquen por escrito
participantes.
AGASALLOS
Todos os participantes recibirán un recordo por
remate do Torneo, durante a clausura.

07 Mar

O Pequebasket 2017 comeza a andar

A Directiva da Escola Basket Xiria e os colaboradores do Club, comezaron a traballar dende fai varias semanas para dar forma a unha nova edición do DIA AUTONÓMICO DO PEQUEBASKET, que unha vez máis celebrarase en Carballo o vindeiro 17 de Maio de 2017 -día da Letras Galegas- dedicadas a Carlos Casares.

A Xunta Directiva encabezada polo seu presidente, Marcos Díaz Molk e acompañado polo Director Deportivo, Arturo Ferraces, mantiveron o pasado Luns (12.02.2017) unha xuntanza na Federación Galega de Baloncesto, na que participaron o presidente da FEGABA, Francisco Martín Micó; a secretaria xeral, Susana Fernández Fiúza e a responsable de eventos, Cristina Piñeiro.

O presidente da EBX, Marcos Díaz Molk, có presidente da FEGABA, Francisco Martín e Arturo Ferraces , Director deportivo EBX.

Dende o ente autonómico animaron á ESCOLA BASKET XIRIA a seguir traballando a prol do Baloncesto Base na comarca e volveron a expresar o seu apoio incondicional á iniciativa, considerada xa como un evento de referencia autonómica que mesmo está sendo imitado en outros lugares de dentro e fóra de Galicia.

A FEGABA está completamente implicada e decidida a colaborar un ano máis coa Escola Basket Xiria para impulsar o evento, que novamente reunirá en Carballo a máis de seiscentos nenos de 5 a 8 anos para desfrutar dunha xornada multideportiva, lúdica e festiva co baloncesto como pano de fondo.

Hai que salientar o respecto que dende a Federación Galega de Baloncesto, creouse por primeira vez una competición federada, Liga BabyBasket, que acolle a estes nenos en idades de 5 a 8 anos e que esta a ter un gran éxito e seguimento en distintos puntos de Galicia. Dende a Escola Basket Xiria, pretendemos que o DIA DO PEQUEBASKET, sexa o colofón final para estes nenos e nenas que por primeira vez pisan una cancha de básquet e viven una experiencia inesquecible.

IMAXES FEGABA, Liga BabyBasket: http://www.fegaba.com/galerias/category/108-babybasket-2016-2017

 pequebasket-xiria-fegaba

14 May

Fernando Romay voltará o Martes 17 ó “4º Día do Pequebasket”.

A cifra de participantes é todo un record para Carballo.

Carballo, 13 de Maio de 2016. Fernando Romay, será un ano máis o padriño do Pequebasket, un evento deportivo orientado a nenos de 5 a 8 anos en Carballo, que este ano contará con cerca de 700 participantes federados en 60 equipos participantes de toda Galicia, máis os nenos e nenas non federados que poderán asistir de maneira gratuita a este gran evento infantil.

O padriño do Día do Pequebasket, Fernando Romay
Como novidade, nesta edición farase unha recollida de Leite para a campaña “NINGÚN NIÑO SIN BIGOTE” en colaboración coa Obra Social “La Caixa” … http://www.granrecogidadeleche.es/

Campaña "Ningún Niño sin Bigote"

Como sabedes, en España todavía hai miles de familias que non poden cubrir as necesidades máis elementales, como pode ser unha alimentación adecuada para os seus fillos, polo que se está a traballar para facer chegar un alimento tan básico como o leite. Para que ningún neno quede sen bigote, necesitamos a colaboración de toda a sociedade, e dende a Escola Basket Xiria no día do Pequebasket, no que se espera a asistencia de máis de 5.000 persoas, farase esta recollida solidaria de leite.
Dende o club queremos dalas gracias ós máis de 100 voluntarios e voluntarias que participarán neste evento de difusión do deporte e valores na capital de Bergantiños, que durante un día se convirte na capital autonómica do Baloncesto en idades tempranas.

+ info: Calendario de partidos: http://www.diapequebasket.es/wp-content/uploads/Calendario-e-horarios-Pequebasket-2016.pdf

Cartel e dítico de hostalería de Carballo: http://www.diapequebasket.es/ditico-cartel/

Vídeo da edición do Pequebasket 2015: https://www.youtube.com/watch?v=u2Q4uW6nQRY

Galería de fotos edicións pasadas: http://www.diapequebasket.es/galeria/

ESCOLA BASKET XIRIA
info@diapequebasket.es
www.diapequebasket.es
#4DiaPequebasket

07 May

Oito canchas de minibasket, máis de cen partidos, inchables, xogos e moito máis: o 17 de maio no IV Día do Pequebasket

Máis de 700 nenos e nenas de entre 5 e 8 anos participarán o martes 17 de maio no IV Día do Pequebasket, unha cita que invadirá Carballo con 60 equipos das categorías de base e que bate, segundo explicou o Presidente da Escola Basket Xiria Diego Vázquez, “todos os récords” sendo un evento “de referencia autonómica e en pouco tempo, esperemos que o sexa nacional”, tamén confirmou a presenza de Fernando Romay.

Carballo, 6 de Maio de 2016. O xoves levouse a cabo a presentación oficial do “IV Dia do Pequebasket”, no casino de Carballo.

Oito (8) canchas de peque e minibasket, un total de 110 partidos en formato 4×4, inchables, coches e a pedais e moitos xogos son só algunhas das actividades que terán lugar nesta cita que ten como principal obxectivo que os nenos e nenas o pasen ben e desfruten dun día inesquecible.

Así o explicou Francisco Martín Mico, Presidente da Federación Galega de Baloncesto, que expresou a súa “maior alegría porque se forme aos nenos e nenas nos valores do deporte”. Aproveitou para transmitirlle os seus parabéns aos campións galegos, os cadetes de “Carballo a un Paso” Basket Xiria, “competindo con equipos de Coruña, Santiago ou Vigo”. Aproveitou tamén para confirmar a presenza de Fernando Romay, que coma en anos anteriores, non quere perder esta nova cita en Carballo, donde está a crear un gran vínculo deportivo coma padriño do “DIA DO PEQUEBASKET”.

CARTA PARABENS A CADETE MASCULINO – FEDERACION GALEGA DE BALONCESTO

Orgullo do deporte carballés.

Deputado de Deportes da Diputación da Coruña, Xosé García Liñares, tamén resaltou que “sen tesón e sen esforzo non hai nada”. Pechou a quenda de intervencións o Alcalde de Carballo, Evencio Ferrero, que estivo presente na cita xunto co Concelleiro de Deporte, Marcos Trigo, e o de Promoción Económica e Turismo Xosé Regueira. Ferrero aproveitou para reiterar os seus parabéns para os cadetes de Carballo. “A estas alturas da evolución dunha entidade como Basket Xiria temos que dicir que Carballo é deporte”. Por iso, Ferrero quixo agradecer “o traballo de todos e todas, a ilusión e o empuxe, porque todos nos sentimos orgullosos de ser carballeses ao ver que os nosos equipos trunfan”. Rematou desexándolle moito éxito ao IV Día do Pequebasket.

AS FOTOGRAFÍAS DO EVENTO NO CASINO

Para rematar a presentación, proxectouse un vídeo (PREME NO ENLACE) resumo do III Día do Pequebasket celebrado en 2015 que podedes ver aquí. Vémonos o día 17 con moito baloncesto!

Vídeo resumo do Pequebasket 2015

#4DiaPequebasket

04 May

Presentación do Pequebasket Xoves 5 de Maio no Casino de Carballo

Mañán xoves día 5, ás 19h., no CASINO DE CARBALLO, terá lugar o acto de presentación do “4º DIA do PEQUEBASKET”.

O Casino de Carballo acolle o Xoves 5 de Maio ás 19.00 h. a presentación oficial do IV Día do Pequebasket, que este ano contará con 60 equipos e máis de 700 nenos e nenas que invadirán o Día das Letras Galegas o Pavillón Carballo Calero e toda a contorna da zona Bergantiños.

Está prevista a presenza na cita do Alcalde de Carballo, Evencio Ferrero; do Concelleiro de Deporte, Marcos Trigo; do presidente da Federación Galega de Baloncesto Francisco Martín Mico; do Deputado de Deportes da Diputación da Coruña Xosé García Liñares; do Presidente da Escola Basket Xiria Diego Vázquez Reino e de representantes de Escola Basket Xiria, organizadora da cita, así como de tódalas entidades colaboradoras.

Tamén haberá unha actuación do Mago Alex para os máis pequenos, amenizando esta presentación.

Invitación PRESENTACION

Non faltes!!

©dende 2012 - 17 Maio - Día do Pequebasket by ESCOLA BASKET XIRIA