06 May

650 participantes e 55 equipos no “5ª Dia do Pequebasket” en Carballo

Péchase anticipadamente o prazo de inscrición dado que os últimos días superaban o límite de 49 equipos que se poñía a organización e a pesares deste límite, decidiuse ampliar a 55 os equipos participantes no evento. O V Aniversario do Día do Pequebasket, seguirá sendo un éxito de participación.

Carballo, 06 de Maio de 2017. A falta de 11 días para o 5º Día do Pequebasket, todo está en marcha para que o día das letras galegas volva a ser un referente do Baloncesto de Base en Carballo, xa que a este evento acércanse máis de 600 rapaces e rapazas de toda Galicia para desfrutar dun día de convivencia, deporte, saúde e amizade.

Este evento volve a superar as expectativas da Escola Basket Xiria, no que colaboran tamén o Concello de Carballo, Deputación da Coruña e Federación Galega de Baloncesto, así como outros patrocinadores de forma privada.

Isto ben a confirmar que a idea de organizar o DIA DO PEQUERBASKET como EVENTO LÚDICO-DEPORTIVO e coma clausura das Escolas de Iniciación de Baloncesto do Club, esta a chegar aos clubs de Galicia e xa conta con moitos equipos que non se queren perder este día de xogos, diversión e deporte en Carballo. Ademáis, durante a presente tempada, creouse a liga de Babybasket nas mesmas idades por toda Galicia, e está dando moi bos resultados deportivos.

Equipos participantes 55

Aproveitamos a presente, para recordarvos a data de presentación do 5º Dia do Pequebasket, que será o vindeiro MARTES día 9 de MAIO, as 19:15 h no Casino de Carballo (rúa Vázquez de Parga nº 1) e na que estades tod@s convidados. Invitamos especialmente ós nenos e nenas máis pequenos, para que desfruten dunha sorprendente actuación.

©dende 2012 - 17 Maio - Día do Pequebasket by ESCOLA BASKET XIRIA